O
18 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Xulio López Valcárcel imparte a palestra “A realidade histórica de Xesús de Nazaret”, nunha actividade organizada pola A. C. O Facho da Coruña.
Arquivo da categoría: Palestras
Quiroga: conferencia de Luís Celeiro
O
18 de febreiro, ás 13:00 horas, no IES de Quiroga, Luís Celeiro Álvarez pronunciará a conferencia Comunica que algo queda. A importancia da Comunicación no ensino, no marco das Charlas Temáticas da Universidade, dirixidas ao estudantado dos centros de ensino secundario. A intervención do xornalista centrarase na situación da Comunicación en Galicia e nos procesos e ferramentas que axudan a aproveitar a comunicación como instrumento didáctico.
A Coruña: palestra “O grupo Nós na cultura galega: Otero, Risco e Castelao”, por Victorino Pérez Prieto
Ferrol: “A situación da lingua galega a debate”, con Isaac Alonso Estravis
Verín: Personaxes de novela. Xornadas de Novela Negra
Compostela: palestra-presentación de Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero
Compostela: palestra sobre a Xeración Nós, por Victorino Pérez Prieto
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (II)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Mesa redonda A difusión da literatura dramática hoxe. Moderada por Carlos Labraña. Con Inma Doval e Manuel Xestoso:
– Aula maxistral a cargo de Fernando Matos Oliveira. Presentada por Afonso Becerra de Becerreá:
Carballo: palestra “A Galiza e Portugal através da História”, por Manuel Miragaia
O domingo 22 de decembro ás 12:00 h, no Casino 1889 de Carballo, o escritor e profesor Manuel Miragaia pronunciará a palestra e posterior coloquio, con lectura de poemas do libro Galeguia: “A Galiza e Portugal através da história. As relacións históricas entre Galiza e Portugal”
A Coruña: palestra “Seoane, o artista total”, por Lino Braxe
O
19 de decembro, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18), na Coruña, Lino Braxe pronunciará unha palestra sobre “Seoane, o artista total”.




