Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: Mário Herrero Valeiro presenta Ética do abandono
Vigo: inauguración da exposición Visión obxectiva, de Pepe Cáccamo
Santa Cruz, Oleiros: presentación de Un peixe na gorxa, de María G. Cotelo
A abertura da boca, de Carlos Callón, en Nós Televisión
Desde Nós Televisión:
“O título do último poemario de Carlos Callón remite a un rito do antigo Exipto, o uep-rá, no que as momias recuperaban as funcións de alimentarse, respirar e volver á vida. Esta historia, sérvelle ao autor de metáfora para expresar o valor que a escrita poética ten para transitar a dor. A entrevista pode verse aquí.”
Pontevedra: Vermú entre libros arredor de Cancións, de Xela Arias
Pontevedra: presentación de Cando os bosques sintan frío, de Charo Valcárcel
A Coruña: “Gosto de vivir a poesía”, recital de poemas de María do Cebreiro
Beatriz Maceda Abeleira, en representación da AELG, presentará a vida e obra desta poeta. A entrada é libre e gratuíta.
A Coruña: conferencia de Miro Villar sobre Florencio Delgado Gurriarán
O 28 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Miro Villar falará sobre a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 –na revista Raigame–, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fará unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Estudo –da súa autoría– que en forma de libro vai publicar en Edicións Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.






