Celébrase a terceira edición do concurso de recitados en homenaxe a Rosalía de Castro, que está organizado pola Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Arteixo e que será o broche de ouro a unha serie de actividades coas que conmemoran o mes do libro. Serán 12 participantes, de entre 8 e 12 anos, que levarán un libro de poesía como agasallo e a persoa premiada recibirá un libro electrónico. A encargada de conducir o acto será Ana Hermida, quen ademáis renderá homenaxe ás tres figuras máis representativas do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal.
A cita coa poesía será o martes 25, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 18:30 h. e a entrada é libre e gratuíta.
Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: presentación de Na casa da avoa, de Marta Dacosta
Oseiro (Arteixo): celebración do Día do Libro, Rimando e Xogando con Manuel María
Escudeiros (Ramirás): presentación de Versos para conversar, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Apeadeiro Vila da Igrexa (Cerceda): “Xangai-2ª Estación. Poesía no Túnel. Serán de celebración da poesía tradicional”
Gondomar: presentación de Na casa da avoa, de Marta Dacosta
Ferrol: actos destacados na X Semana de Poesía Salvaxe para o 21 e 22
Do 19 ao 22 de abril terá lugar en Ferrol a X Semana de Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Venres 21:
– 12:00 h. Recital poético no Mercado de Recimil e na Praza do Inferniño, coa actuación, entre outras/os, de María Lado e Lucía Aldao.
– 17:00 h. Paseo pola ría de Ferrol, na lancha, coa presenza de, entre outros/as, Xosé Abeledo, Yolanda Castaño e Ana Cibeira.
– 19:30 h. No Torrente Ballester, actuación de Ana Cibeira.
– 23:00 h. Festival poético no Manchita con, entre outras/os, Serxio García e O Leo.
Sábado 22
– 13:00 h. Recital coa presenza de Ana Cibeira na Praza de Armas, e remate en Cazadores.
A Coruña: presentación de A Razão do Perverso, de Mário Herrero
A sexta feira 21 de abril, ás 20:00 horas, no coworking Eléctrica (Rúa Boquete de S. Andrés, 8), na Coruña, Mário Herrero presenta A Razão do Perverso, obra que obtivo o X Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, publicado por Caldeirón. No acto participan, xunto ao autor, Alfredo Ferreiro e Paco de Tano.
Ferrol: actos destacados na X Semana de Poesía Salvaxe para o 19 e 20
Do 19 ao 22 de abril terá lugar en Ferrol a X Semana de Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Mércores 19:
– 18:45 h. Inicio das lecturas poéticas ininterrompidas por parte de poetas novos de Ferrol (Eli Z e Xosé Abeledo), no Quiosco do Cantón.
Xoves 20
– 12:00 h. Recital poético no Mercado da Magdalena, coa intervención, entre outros/as, de Xoán Abeleira e Ana Cibeira. Á mesma hora, en Caranza, recital de Elisabeth Oliveira e Xosé Abeledo.
– 18:30 h. Encontro poético con David Rey Fernández e Yolanda Castaño, no Ateneo Ferrolán.
– 24:00 h. Actuación no Super 8 de, entre outras/os poetas, García MC, O Leo e Xoán Abeleira.
Raúl Gómez Pato: “Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte”
Entrevista a Raúl Gómez Pato en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que sentiu ao escoitar os seus poemas musicalizados por primeira vez [Cousas de papá]?
– Raúĺ Gómez Pato (RGP): Cando vou recitar un poema sempre digo que a música de Héctor o mellorou sustancialmente. Ao escoitalo por primeira vez, pensei que o poema estaba moi mellorado. Se a iso lle unimos as ilustracións, a sensación que tes como escritor é o dobre de gratificante.
– LVG: É profesor. ¿Len os nenos menos do que deberían?
– RGP: Na actualidade hai moitas actividades vinculadas coa lectura como os contacontos, que acostuman a estar cheas. Ao que non están acostumados, sen embargo, é a poesía. É curioso porque os nenos quédanse moito mellor cos versos. Pode verse nas cancións, facilítalles moito a tarefa de memorizar.
– LVG: ¿Son un público esixente?
– RGP: Para min e moito máis difícil escribir para o público infantil. Se escribes para adultos falo pensando no teu propio universo pero cando escribes poesía para nenos tes que introducirte no seu universo e amoldarte. A maiores, os nenos teñen moi claro o que lles gusta e o que non. (…)”