A segunda feira 10 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, terá lugar un recital (inglés-galego) da poeta irlandesa Annemarie Ní Churreáin, presentado por Keith Payne.
Arquivo da categoría: Poesía
Sarria: entrega do XVI Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño a Carlos Negro
Allariz: III Poemagosto. Festival da poesía
Betanzos: presentación de Auga a través, de Dores Tembrás
Xornadas As Irmandades da Fala en Compostela, 2016
Vigo: Círculo Poético Aberto, outubro de 2016
Falece o poeta Fran Cortegoso
Desde Sermos Galiza:
“Francisco Cortegoso finou esta cuarta feira, 5 de outubro, aos 31 anos de idade tras unha enfermidade. O escritor puido ver rematada a súa derradeira obra, Suicidas, editada por Chan da Pólvora. Precisamente, o mesmo día que falecía na súa casa de Bora (Pontevedra) o autor, o seu poemario chegaba ás librarías do país.
Segundo informa Chan da Pólvora, Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o poeta puidese ver publicada a súa obra. “Hoxe é un día de inmensa tristura para as persoas que formamos o equipo da Chan da Pólvora. Vaian as nosas condolencias e o noso amor para a súa familia, os seus amigos e toda a xente que o quere”, sinalou a editora nun comunicado.
Licenciado en Filoloxía galega, o autor deuse a coñecer como poeta en 2008, na Revista das Letras de Galicia Hoxe con Ningún Home. En 2013 obtivo o premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & Danza.”
Compostela: presentación de Mecanismo de Emergência, de Tiago Alves Costa
A quinta feira 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Tiago Alves Costa presenta Mecanismo de Emergência, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Alicia Fernández, quen lerá o texto preparado por Gonzalo Hermo.
Vigo: XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Poesía ou performance?, con Iolanda Zúñiga e Silvia Penas, o 5 de outubro
O XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o título de Teoría dos contrarios. Arredor de camiños diverxentes non necesariamente excluíntes, terá lugar do 26 de setembro ao 19 de outubro no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, con entrada libre.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Despois de cada mesa redonda hai un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas. As mesas serán retransmitidas en directo no servidor de streaming da Universidade de Vigo.
Mércores 5 de outubro | 10:00
Poesía ou performance?
Iolanda Zúñiga e Silvia Penas.
Dos límites difusos entre a poesía e a performance.
Tabela dos Libros de outubro de 2016, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co comezo do novo mes, a Tabela dos Libros ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”