Pontedeume: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga

OEva Veiga xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Praza do Convento, 2), preséntase A distancia do tambor, de Eva Veiga, publicado por Espiral Maior. No acto participan, xunto á autora, Nicolás Vidal e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá tamén unha actuación do Grupo Ouriol, cos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á voz de Eva Veiga.

Entrevista a Luz Pozo Garza, Andrés Pociña e Aurora López arredor de Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza

DesdeLuz Pozo o Diario Cultural da Radio Galega:
Entrevista a Luz Pozo Garza, Andrés Pociña e Aurora López arredor do libro Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, editado por Alvarellos Editora. Pódese escoitar completa aquí.

Carlos Callón: “O activista que loita coas palabras”

EntrevistaCarlos Callón a Carlos Callón en La Voz de Galicia:
“(…) Para tratar de orientar ou axudar a aquelas persoas interesadas en vivir en galego, Carlos Callón publicou tres ensaios sobre o idioma: En castellano no hay problema; Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. O ribeirense refírese a este último coma o seu pequeno best seller e razón non lle falta. Tal é a demanda que rexistra esta obra que está a piques de saír a quinta edición.
A maiores, Callón ten outros tres libros publicados: Unha historia que nos pertence, que é un ensaio sobre a figura do poeta Lorenzo Varela; Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, obra que conta cos premios Vicente Risco e Fervenzas Literarias; e Atravesar o fantasma, unha compilación de poemas que veu a luz a finais do ano pasado e da que se está a preparar unha exposición para o seu lanzamento.
Nesta batalla, na literaria, é na que o ribeirense quere seguir lidando a partir de agora: «Quero dedicarlle tempo a proxectos que levan moito tempo aparcados». Seguirá, como non, defendendo o idioma e a cultura de Galicia, aínda que descarta facelo desde un escano que non sexa o que emprega para escribir.”

Viveiro: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias

O10919005_910601595647100_4814104450572047118_n sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.