Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: presentación e recital-concerto sobre Sefer Sefarad, de Pedro Casteleiro
O
sábado 14 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, terá lugar un recital-concerto sobre o libro de poemas Sefer Sefarad, de Pedro Casteleiro, publicado por Azeta Edicións. No acto, xunto ao autor e os músicos Eduardo Méndez Baamonde, Ignacio Sardiña e Iñaki Tomás, participan François Davo, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero Valeiro, José António Lozano, Tati Mancebo, Luís Mazás e Ramiro Torres.
Vigo: presentación do libro Silêncio da Gaveta, do número 5 da revista Elipse e recital poético
O
sábado 14 de marzo, ás 22:00 horas, no Café UF de Vigo (Rúa do Pracer, 19), terá lugar o Círculo Poético Aberto do mes de marzo. Terá lugar a presentación do libro colectivo Silêncio da Gaveta e do número 5 da revista Elipse. Despois haberá o habitual recital poético, aberto á participación do público.
Celanova: inauguración da exposición Onde beben os cervos e presentación de Cartografía do exilio, de Baldo Ramos
O
venres 13 de marzo, ás 19:30 horas, na Fundación Curros Enríquez (Casa dos Poetas) de Celanova, inaugúrase a exposición Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (obra en papel de Carlos González Villar e Baldo Ramos). No mesmo acto, o autor presentará o seu último libro, Cartografía do exilio, editado na colección de poesía Miguel González Garcés da Deputación da Coruña.
Compostela: recital de Lucía Aldao e María Lado no Pub Ultramarinos
O
xoves 12 de marzo, ás 22:00 horas, no Pub Ultramarinos (Rúa Casas Reais, 34) de Santiago de Compostela, María Lado e Lucía Aldao farán un recital con poesía e música.
Compostela: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
O
xoves 12 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, que contará, xunto ao autor, coa participación de Fran Conde, Montse Dopico e Manuel Bragado, estrearase o videopoema O desexo está na pantalla, dirixido por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, coas actuacións de Antón Blanco Casás e Luís Miguel Giménez Grende.
Ourense: presentación de Muller de papel, de Rochi Nóvoa
O
mércores 11 de marzo, ás 20:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11, baixo) de Ourense, preséntase o libro Muller de papel, de Rochi Nóvoa. No acto presentarase tamén a exposición que acompaña a obra de Chus Láuzara, e os fotógrafos Pepe Escano, José Ramón Araújo e Roberto García Sanchez. Estarán presentes tamén en directo os músicos: Dani Soldevilla, Nacho Martínez, Servando Barreiro, Castor Pérez, e Antonio Iglesias Fernández acompañando ademais ao recital.
Manuscritos: Antonio Piñeiro
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés
O
sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.
Compostela: Rimando e xogando, por Ana Hermida, actividade con textos poéticos galegos
Como adianto do Día Mundial da Poesía terá lugar esta actividade, dirixida ao público infantil, onde se recitarán poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes, Anisia Miranda, etc., xunto a outras actividades.


