O
sábado 14 de maio, ás 21:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar unha nova edición do Círculo Poético Aberto promovido polo Grupo Penúltimo Acto. O acto, que comezará ás 21.00 h., contará coas intervencións de Dara Escribano, Simón Cabo, Belém Grandal, Iria Bragado, Fernando Rodríguez, Jaime Moreda, Cruz Martínez, rosanegra…
Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: recital-conferencia Itinerario poético pola defensa do idioma, por Carlos Callón
O
xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no local da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo (Rúa Abeleira Menéndez, 28, baixo), terá lugar un Itinerario poético pola defensa do idioma, a cargo do seu presidente, Carlos Callón. No recital-conferencia, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, farase un percurso pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas. Segundo o autor, “nos poemas que se abordarán no evento de hoxe, poderemos constatar a forza destes creadores e creadoras para que a lingua galega sobreviva e se revitalice; en fin, a forza dun pobo que quere existir, que se nega a ser asimilado”.
Vigo: presentación de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso e Xurxo Souto
O
venres 13 de maio, ás 18:30 horas, Fran Alonso e Xurxo Souto presentan na Librería Libros para Soñar na (Rúa Triunfo, 1) de Vigo o espectáculo poético musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía convertirase en maxia, música e en xogo, e soará o acordeón. O espectáculo está baseado no libro dos autores publicado en Xerais.
Lugo: presentación de Lois Pereiro. O negro leite da aurora
O
venres 13 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase o libro Lois Pereiro. O negro leite da aurora, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos. Tras a presentación terá lugar un recital por parte dos poetas colaboradores no volume.
Chapela: Encontro poético no Edificio Multiusos
Lalín: actividades do xoves 12 de maio na Feira do Libro
Ábrese
a Feira do Libro de Lalín (na Praza da Igrexa) con horarios de 10:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. Das actividades do xoves 12 destacamos as seguintes:
– 11:30 h. Participación na feira do libro da escritora Tere Fernández, autora dos libros A funámbula e Viaxe a Terranova, publicados por Edicións A Nosa Terra.
– 19:00 h. O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
– 20:00 h. Pregón a cargo da escritora Yolanda Castaño. Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares dos seus libros.
VENTO LOIS na Coruña
Festa das Letras Galegas en Madrid
A Coruña: Gala homenaxe a Lois Pereiro, con poesía e música
O
mércores 11 de maio, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar unha Gala homenaxe a Lois Pereiro, composta por un recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo De Amor e Desamor e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Ourense: presentación de Espindo un bico, de Celsa Barja
O
martes 10 de maio, ás 18:00 h., na Biblioteca Nodal de Ourense (Rúa do Concello, 11), terá lugar un recital-presentación de Espindo un bico, de Celsa Barja. No acto participa, acompañando á autora, o cantautor Israel Eliaz.


