Arteixo: presentación de A toponimia celta de Galicia, con Fernando Cabeza Quiles

OFernando Cabeza A toponimia celta de Galicia venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado por Toxosoutos.

Lugo: Suso Lista será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL

OSuso Lista xoves 13 de novembro a partir das 20:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa), Suso Lista será o escritor protagonista da Cata Literaria, que presentará o seu libro Salseiros, publicado por Embora. Máis información, tamén sobre como adquirir as entradas, aquí.

Marín: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Marín, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, organizado pola Asociación Queremos Galego de Marín, será tamén unha homenaxe a Tomé de Raxó e na memoria de José Dopazo Posse e Benito Lobeira, navegantes de Marín na auga do Gran Sol.

Madrid: presentación de Tántalo, de Yolanda López

OYolanda López xoves 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado del Alisal, 8), terá lugar a presentación de Tántalo, de Yolanda López López. No acto, onde tamén haberá un recital de poesía e música, participan, xunto á autora, Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, acompañados polo guitarrista Pablo Pollo.