Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez
O martes 30 de abril, ás 12:00 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, preséntase “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con edición de Henrique Monteagudo, e que ten por obxecto o estudo e edición dun conxunto de composicións poéticas medievais que foron descubertas recentemente nun arquivo familiar en Lugo. No acto, xunto ao seu editor, participa tamén Ramón Lorenzo.
Santiago: actividades destacadas do sábado 27 e domingo 28 de abril na Feira do Libro
O sábado 27 e domingo 28 de abril bota a andar a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
Sábado 27:
– 19:00 h. A xornalista María Solar asinará exemplares do seu libro As meigas de Lupa publicado por Edicións Xerais.
– 20:00 h. 2.0 editora presenta a colección Xornalistas. Participarán no acto Xosé Manuel Pereiro, Xosé Precedo, Daniel Salgado e Antón Lado, editor.
Domingo 28:
– 18:30 h. Presentación das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño, publicadas por Edicións Positivas.
– 19:30 h. Contos Extraños Editora e Urco Editora, celebran o 3º Encontro da Nova Fantasía Galega, coa presentación dos libros Ninguén lembra, de Vanesa Santiago Vázquez, Contos de soños e sombras, de Ariza Piñeiro, Galiza mutante: Poder nuclear, de Tomás González Ahola e As crónicas de Bran: A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan. Tamén haberá una charla coloquio entre editores, autores e lectores.
Cee: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O sábado 27 de abril, ás 20:00 horas, na Restaurante Insua (Avenida de Fisterra) de Cee, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado polo BNG de Cee.
Vigo: presentación de Banqueiros
Vigo: presentación do número 197 da revista Grial
O venres 26 de abril, ás 12:30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, coincidindo coa inauguración da exposición 50 aniversario da Fundación Penzol, presentarase o número 197 da revista Grial dedicado aos 50 anos da Fundación, a cal, un 7 de abril de 1963, hai medio século, se formalizaba en Vigo, mediante escritura notarial. A ese acontecemento dedica Grial as súas páxinas monográficas, coordinadas por María Dolores Cabrera, Henrique Monteagudo e Ramón Villares.
Ribeira: presentación de Olladas, de Adelaida Vidal
Betanzos: presentación de Meliflua Moradía, de Lino García Salgado
O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, preséntase Meliflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado pola Asociación Cultural Eira Vella, onde participa, xunto ao autor, Manuel López Foxo.
A Coruña: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O mércores 24 de abril, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Ermitas Valencia e Manuel Bragado.