A Coruña: presentación de Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa

O martes 18 de marzo, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña (Rúa Durán Loriga, 10, baixo), Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa, con debuxos de Dani Padrón, publicado por Galebook. No acto haberá un xogo sobre os sorrisos, co que as persoas que acheguen un poema, un conto ou un debuxo sobre o que represente o que son os sorrisos para elas, terán un agasallo da man da editorial Galebook.

Ourense: presentación do libro colectivo Alén do silencio

O sábado 15 de marzo, ás 19:30 horas, no Café-Pub Jam Session (Rúa Ramón Cabanillas, 18) de Ourense, preséntase o libro colectivo Alén do silencio. No acto participan, entre outras/os, Sofía Carril, Natalia Concheiro, Estela Dopazo, Asun Estévez, José Estévez, Toño Iglesias, Catarina Laxe, Iria López, Rochi Nóvoa, Carme Simo e Eva Xanín.

Vigo: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo

O venres 14 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas, publicada por Xerais. No acto, xunto aos autores, participan Ramón Nicolás e Helena Pérez.

Betanzos: presentación de O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán

O mércores 12 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Betanzos (Rúa Santiago, 4), preséntase O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Manuel Bragado.

Compostela: presentación de A lúa da colleita, de Anxos Sumai

O mércores 12 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase A lúa da colleita, de Anxos Sumai, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Xosé Monteagudo e Carlos Lema.