Arquivo da categoría: Sociedade
A Coruña: conferencia “Análise dos datos da enquisa do IGE sobre o uso do galego”, con Pilar García Negro
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 2 de agosto
O
2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Coloquio sobre feminismo coa participación de Inma López Silva.
– 18:00 h. Xavier Seoane asina Threnói na caseta de El reino de Cordelia.
– 18:00 h. Crearte: con Charo Pita, Fábulas no berce.
– 18:00 h. Cándido Paniagua Pousa asina O caderno de erros, publicado por Edicións do Peirao, na caseta da Libraría Nobel A Coruña.
– 19:00 h. Antía Yáñez asina O misterio do torque de Burela, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Berbiriana.
– 19:00 h. Daniel Asorey asina na Libraría Pedreira.
– 19:00 h. Presentación de Puf! Vaia peido… Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, de Luísa Martínez Lorenzo, publicado por Galaxia.
– 19:45 h. Presentación de Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, publicado por Galaxia. Con Berta Dávila.
– 19:45 h. Presentación de O soño da serpe, de Antonio Seijas, publicado por Galaxia. Con Andrea Maceiras.
– 20:00 h. El primo Ramón asina Novo Mundo na caseta da Libraría Moito Conto, publicado por Bululú, na caseta de Alvarellos Editora.
– 20:00 h. Aleixandre Lago Barcala asina Cartafol de miraxes
– 20:30 h. Presentación de Extraordinario, de Antón Lopo, publicado por Galaxia. Con Carlos Lema.
Rianxo: Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2
Informe Anual da Cultura en Santiago de Compostela (2018), por Marcos Lorenzo
O
Concello de Santiago de Compostela encargou a Marcos Lorenzo un estudo estatístico sobre a situación da cultura no municipio. O autor compartiu o resultado dese traballo, confeccionado a partir da consulta a 63 fontes estatísticas oficiais e da implementación dun cuestionario dirixido a 322 axentes socioculturais da cidade. Pode descargarse aquí.
En galego día a día, actos da plataforma Queremos Galego, o 17 de maio de 2019 ás 12:00

(Aquí podes ver as mobilizacións previstas)
III Congreso de Estudos Internacionais “Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais”
Vigo: coloquio “Falemos do feminicidio”, con Carme Adán e Inma López Silva
A emblemática libraría viguesa Andel anuncia o seu peche
Desde
Sermos Galiza:
“Dúas décadas de existencia. Eis o tempo de vida dunha das máis emblemáticas librarías de Vigo, Andel, especializada en libro galego e portugués e que esta quinta feira anunciaba o seu peche nas redes sociais.
“Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación de fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo”, escribían na súa conta de twitter.
Curiosamente, Andel iniciou a súa andaina no mundo virtual. Andel Virtual chamouse, xustamente, a páxina web coa que, da man de Xaime Nogueira, foron pioneiros na venda por Internet de libro galego e portugués. Dous anos despois abriron o local da avenida das Camelias, en Vigo, duns 100 metros cadrados e “co fin de dispor dun lugar onde achegar aos interesados ao libro e á cultura galega onde celebrar actos, encontros, presentacións de libros, exposicións…”.
De feito, Andel funcionou como epicentro vigués para o libro galego. O ex director de Xerais, Manuel Bragado, confesábase “conomocionado” pola noticia: “Outro síntoma da fraca saúde do noso tecido libreiro, máis aínda o especializado en lingua galega. Moitos abrazos de gratitude para Xaime Nogueira artífice dunha fantasía necesaria”.”






