Arquivo da categoría: Teatro
Vigo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
O venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, onde participan Manuel F. Vieites e o autor, representarase o espectáculo La vie en rose, dirixido por Lina Pérez, coa actuación de Jorge de Arcos e Germán Álvarez e os audiovisuais de Ernesto Is.
Betanzos: presentación de A morte é a túa voz ausente, de Diana Varela, interpretada por Juan Vázquez
A Coruña: lectura dramatizada de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra
Crónica videográfica do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os, mesa redonda Dramaturxia e emerxencia
O VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os tivo lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
Esta é a crónica videográfica da mesa redonda Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década, con Rosalía Fernández e Roi Vidal, baixo a coordinación de Vanesa Sotelo, e o posterior coloquio:
– Presentación da mesa redonda Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década, con Vanesa Sotelo.
– Intervención de Rosalía Fernández Rial.
– Intervención de Roi Vidal.
– Coloquio posterior con Rosalía Fernández Rial, Roi Vidal e Vanesa Sotelo.
Pontevedra: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
A Coruña: XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro
O xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coa participación de:
– Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda, coa obra Palabras de víspera, de Álvaro Cunqueiro;
– Grupo de Teatro Valacar da ONCE, coa obra Orientación, de Antonio Gelpí.
– Bucanero, coa obra Horario de visitas, de Ettore Buch.
– La Tuerka 27, coa obra Ascensores, de Alfonso Zurro.
– Espello Cóncavo, coa obra Occidente, de Lino Braxe.
– Música co pianista Antonio Rumbo.
– Premio Ibán Toxeiro pola súa aportación ao teatro a Francisco Pillado.
– Presenta: Juan Fernán.
– Dirixe: Lino Braxe.
Será ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.
Universos íntimos, cotiás e políticos nas pezas de Textículos dramáticos e postdramáticos, de Afonso Becerra
Programa do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os: Propostas de diálogo en tempos mestizos, o sábado 8 de novembro
O VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os terá lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
A entrada de balde até completar aforo.
Acceda aquí á sección Palabra Audiovisual, na que están os vídeos achegados por diversos creadores/as.
O ano 1996 a AELG botou a andar os Encontros de Escritores/as Novos/as, experimentando diversos formatos en cada edición. Nesta oitava, o lema é Propostas de diálogo en tempos mestizos.
O programa é o seguinte:
■ 11:00-12:00 h. Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década. Rosalía Fernández e Roi Vidal. Coordina: Vanesa Sotelo.
■ 12:00-12:30 h. Coloquio.
■ 12:30-13.30 h. As outras. Os outros. Berta Dávila e Samuel Solleiro. Coordina: Mario Regueira.
■ 13:30-14:00 h. Coloquio.
■ 16:00-17:00 h. Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos. Samuel L. Paris. Coordina: Gonzalo Hermo.
■ 17:00-17.30 h. Coloquio.
■ 18:00 h. Recital. Berta Dávila | Mario Regueira | Gonzalo Hermo | Rosalía Fernández Rial | Samuel L. Paris. Presenta: Alicia Fernández.
■ 19:00 h. Videoproxeccións: palabra audiovisual.
■ 20:00 h. Concerto das Ataque Escampe.
Lugo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
O venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, que estará a cargo de Ana Carreira Varela, representarase o espectáculo Womanizer, dirixido por Rubén Pérez Pombo, coa actuación de María Grandío e Brian Rodríguez Costas.