Ferrol: presentación de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid, número dedicado a Carvalho Calero

O sábado 19 de maio, ás 12:30 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204), en Ferrol, preséntase o número dedicado a Ricardo Carvalho Calero pola Revista Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid. Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro.

A Coruña: Roteiro Literario e Obradoiro de Escrita Creativa A Torre Soñada, a cargo de Xurxo Souto

O Roteiro Literario e Obradoiro de Escrita Creativa A Torre Soñada, a cargo de Xurxo Souto enmárcanse nas actividades do mes de maio da Torre de Hércules, organizadas polo Consorcio de Turismo do Concello da Coruña.

– O Día das Letras Galegas, 17 de maio, ás 11:00 horas, terá lugar o roteiro literario A Torre soñada, pola contorna da Torre de Hércules, a cargo de Xurxo Souto.
O punto de encontro é a praia de San Amaro, no peirao de carga fronte á farmacia.
Non é necesaria inscrición previa.

– Os sábados 19 e 26 de maio, e os 2 e 9 de xuño, terá lugar o Obradoiro de escrita creativa A Torre soñada, que impartirá tamén Xurxo Souto.
Neste obradoiro si é necesaria a inscrición previa, que se fará no correo electrónico torredehercules@coruna.es até completar 20 prazas, por orde de solicitude.
O punto de encontro é o Club del Mar de Santo Amaro.

Gondomar: Día das Letras Galegas. Homenaxe a María Victoria Moreno