Vilaboa, Culleredo: tertulia arredor de Mulleres na historia de Culleredo. Os oficios artesanais, con Carlos Pereira

O Carlos Pereiramércores 16 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Mulleres na historia de Culleredo. Os oficios artesanais. O acto está enmarcado nos actos do Día da Muller Traballadora. A entrada será libre para o público interesado.

A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, por Ánxela Lema París

DesdeMarga do Val A Sega:
“Aínda que existen moitos poemarios que recollen poemas máis que reveladores, poemas que se meten no corpo ou que asaltan a túa cabeza, sempre hai un poema con que cada lectora dá e que pensa: “Só por este texto este libro tiña que publicarse”.
No medio da situación actual en que nos encontramos, onde o ser muller está a baleirarse de signficado e onde o corpo semella pertencer a un mundo ao que miramos desde o sofá crendo velo dentro dunha película de serie B, ás veces unha encóntrase cunha sucesión de versos que paga a pena espallar. Pois ben, desta vez foron os versos de Marga do Val proxectados en A cidade sen a roupa ao sol e, máis concretamente, os versos pertencentes ao seu poema “Kahlschlag”. Quizais non sou eu a persoa máis indicada (en fin, quizais non, senón que seguramente non) para reflexionar sobre estas palabras, mais o importante da poesía, penso, é transmitir, facer estoupar e mover os corpos, mais da forma que nós mesmas decidamos e non da forma que deciden desde ese outro mundo guionizado e patrocinado por deus-sabe-quen.
e lustramos os zapatos/que gardan as pegadas do andado/e así procuramos/que sea máis doado cada día/mentres agardamos outro día/coa mesma tranquilidade/con que dobramos as sabas!

Unha, despois de ler isto, busca os zapatos que ten no armario e comeza a debater con eles sobre as historias que viviron, cales lembran e cales non, sobre os pasos que a trouxeron até o agora… Todo isto sen deixar de pensar que vivimos co terrible costume de alterarmos a estética dos pés cada mes, ou quizais cada semana, semellando que con cada calzado novo esquecemos as pisadas realizadas co anterior. Coa data de caducidade que cada elemento que nos rodea ten a día de hoxe chegamos ao punto de non manter ningunha relación de confianza, ningunha relación real. Conseguen/-imos que sintamos a necesidade de renovarnos mais nun proceso en que o baleiro está continuamente presente, é dicir, nun proceso que non avance e que apenas enfatiza o baleiro sen deixar que proxectemos ningún recordo ou que deixamos algunha mínima pegada na memoria. (…)”

Eli Ríos: “A nova xeración de poetas somos fillas da rabia”

EntrevistaEli Ríos a Eli Ríos en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Con que anda agora?
– Eli Ríos (ER): A finais de mes sae Marta e a píntega gorrobella (Galaxia), un conto infantil sobre a empatía, que é unha das grandes eivas que temos nesta xeración de consumismo rápido. Quería retratar ese tema e fíxeno a partir de figuras moi recoñecibles, tanto para as nenas como para os nenos, que son as das princesas da tradición de Grimm. (…)
– LVG: ¿Desde cando escribe?
– ER: Levo moito tempo, pero visible, de participar en certames, son cinco anos. Tiña moi poucos anos cando empecei. O que pasa é que tiña unha tradición oral detrás, porque eu crieime nunha aldea onde era moi importante a tradición oral e entón empreguei unha base literaria de atrás da que non sabía pero cando me puxen a escribir aí estaba. (…)
– LVG: Resúltalle duro escribir?
– ER: Si, hai xente capaz de escribir nun bar, nunha servilleta. Para min non, é un proceso no que podo pasar un ano ou dous pensando nun proxecto e despois sentarme a escribir eu soa. Necesito un grao de concentración moi alto.
– LVG: ¿Non cree nas musas?
. ER: Non. Creo no traballo duro, porque podes ter unha idea que é chulísima, pode ser a mellor idea do mundo, que se ao final non lle traballas ritmo, métrica…, non lle traballas todo tipo de recursos, queda niso: unha idea moi bonita. (…)
– LVG: ¿De onde saíu esta nova xeración de escritoras?
– ER: Somos fillas da rabia, porque durante moitísimo tempo quixeron impornos un modelo de literatura, un modelo de sociedade, e nós non queremos, nós queremos ser do século XXI. Aí tes a Rosalía Fernández mesturando a poesía coa imaxe e tamén coa música. Hai que evolucionar, hai que dar un paso adiante… Os clásicos están moi ben pero temos xeracións de lectoras que hai que gañar e gañalas desde hoxe, non desde onte.”