Desde Brétemas, de Manuel Bragado:
“Dediquei os días pasados a revisar en profundidade os datos da edición en galego publicados no informe do Comercio Interior do Libro do ano 2014. Un exercicio no que chama a atención o feito de que por vez primeira nos últimos anos, repuntase o número de títulos publicados até os 1.881 títulos (1.332 publicados en Galicia, 492 en Madrid e 57 en Cataluña). Cifras que, paradoxicamente, expresan que se reduciu até o 70,8 % a edición en Galicia do libro galego, así como se produciu unha lixeira redución do número de títulos (1,04 %). En definitiva, sube a edición en galego grazas ao que se edita fóra de Galicia. No entanto, prodúcese un importante aumento do número de exemplares fabricados que chega aos 2.379.000, un incremento do 32,24 %, que leva a que a tirada media en 2014 se incrementase até 1.772. Sen dúbida, un efecto directo sobre o sector da renovación de libros de texto ao abeiro da reforma LOMCE, como tamén outro é que o catálogo do libro en galego acadase en 2014 os 12.861 títulos, o que supón un incremento do 13,49 % con respecto ao de 2013 (11.332). (…)
No ano 2014 reduciuse lixeiramente o número de títulos da edición literaria en galego (355), incrementándose, porén, o número de exemplares (282.000) e tirada media (794). Diminuíu moi lixeiramente a facturación (2,42 millóns de €), que representa o 11,50 % das vendas do libro en galego. Se facemos a comparación con 2011 (399 títulos, 509 mil exemplares, unha tirada media de 1.573 e unha facturación de 2,84 millóns de €), acentúanse a tendencia negativa. Xaora, o libro literario en galego mantivo neste periodo a súa diversidade de edición e facturación, a costa de reducir o seu volume de edición e a tirada media arredor do 50 %.
No ano 2014 a edición de poesía e teatro incrementou a súa edición até os 62 títulos, incrementando tamén o seu número de exemplares (2,8 % do total do sector) e a súa facturación (250.000 €). A edición de ensaio e estudos literarios baixou con respecto ao ano anterior até os 54 títulos, sendo a súa tirada media de 600 exemplares e a súa facturación de 190.00 €.
No que atinxe á edición de novela, o mercado privilexiado da edición literaria en galego, en 2014 editáronse en galego 239 novelas, o 17,30 % do total da edición; fabricáronse 183.000 exemplares, o 7,70 % do volumen total, o que supuxo unha tirada media de 794 exemplares; facturándose 2,43 millóns de €, o 11,50 % das vendas anuais. En definitiva, a novela que supuxo en 2014 o 67,32 % dos titulos literarios en galego, e o 20,40 % do total do catálogo galego, mantén a tendencia xeral de redución do volume de fabricación e de tiradas medias como estratexia dos editores para asegurar a diversidade da edición e a súa cifra de facturación. Un fenómeno facilitado polos actuais procedementos de impresión dixital e de baixa tirada que permiten realizar tiradas inferiores aos 400 exemplares a prezos asequibles. (…)
No ano 2014 a edición infantil en xuvenil aumentou até o 495 títulos (o 35, 30 % do total); fabricáronse 438.000 exemplares, o 18, 40 % total; e facturou 4,35 millóns de euros, o 20,70 % do total. Se a comparamos cos datos do anao anterior, o número de títulos publicados medrou nun 24 %, o de exemplares baixou o 3,70 %, sendo a facturación case idéntica. Cifras que amosan unha aceptable saúde da edición infantil en galego no entorno da crise do sector. (…)”
Ordes: presentación de Diários, de Carlos Calvo
Bases da 33ª edición do Premio Xerais de Novela
Bases da 31ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil
Bases da 8ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Pontevedra: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
Compostela e Vigo: presentacións de Un mapa do lar, de Randa Jarrar, traducida por Moncho Iglesias
Bases do II Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón
Compostela: presentación do libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial
Vigo: presentación de Xoguetes do tempo, de Xosé Luís Franco Grande
O xoves 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), Xosé Luís Franco Grande presenta o seu poemario Xoguetes do tempo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Alonso Montero e Víctor F. Freixanes.