O
luns
14 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rosalía Fernández Rial e o poeta brasileiro Ricardo Domeneck. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2016.
A Coruña: presentación de Un pintor que sabía o que facía, de Carlos L. Bernárdez
Pontevedra: estrea da curtametraxe A Última Moeda, de Fina Casalderrey
A Coruña: contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz, O valente coello que quixo soñar
O
sábado 12 de marzo, ás 12:30 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, Miguel Ángel Alonso Diz contará a historia O valente coello que quixo soñar, publicada por Nova Galicia Edicións. A entrada é gratuita até completar aforamento.
Barbadás: coloquio arredor do libro Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
Allariz: Ponme un poemiña!, con Yolanda Castaño, e Ponme un poema!
Vigo: mesa redonda Projecto ALT. procrea en feminino
Desde
o Centro Camões de Vigo:
“Já começou o Festival Alternativo das Artes Cénicas de Vigo – ALT16 que se prolonga até ao próximo dia 13 de março!
No âmbito da nossa colaboração com o ALT.16, no dia 12 de março, às 12.00, está agendada no Centro Camões em Vigo (Casa Arines, Praza Tenente Almeida, s/n.) uma mesa redonda “Projecto ALT. procrea en feminino” com a participação de Louisa Merino (artista multidisciplinar), Mercé de Rande (criadora e diretora), Sara Molina (dramaturga), Fefa Noia (diretora CdG), Inma López Silva (crítica, professora de Teoria Teatral e escritora) e Lola Correa (dramaturga e diretora do ALT).”
Allariz: acto de entrega do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica a Antonio Manuel Fraga
“O
sábado 12 de marzo, ás 12:00 horas, terá lugar na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3), en Allariz, a entrega do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, patrocinado pola Fundación Vicente Risco, Urco editora, Gráficas Sacauntos, Libraria Aira das Letras de Allariz, Livraria Traga-Mundos de Vila Real, Fina Rei Reposteiros Artesáns e Restaurante O Pingallo. A obra gañadora desta primeira edición do premio foi Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, unha novela epistolar que narra os últimos días e os medos máis profundos do escritor estadounidense de pulps Robert E. Howard.”






