O venres
27 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 18:00-20:00 h. Aula 7. Obradoiro de poesía a cargo de Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:00 h.. Encontro con Alfredo Conde. Ernesto Sánchez Pombo e Xan Arias.
– 20:30 h. Debate entre Diego Ameixeiras e Aníbal Malvar sobre a diferenza entre plaxio e homenaxe no xénero negro.
Bases do XIX Premio de poesía Avelina Valladares
Compostela: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado
O venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais.
A Coruña: entrega de premios do I Concurso Literario da Fundación Meniños Cóntame un conto
Lugo: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
O venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior, s/nº), terá lugar a presentación do libro Funambulistas, de Mercedes Leobalde, publicado en Xerais, que logrou o XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participan, xunto á autora, Carmen Basadre e Manuel Bragado.
Faleceu o poeta portugués Herberto Hélder
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Falece o poeta portugués Herberto Helder. Entrevista a Carlos Quiroga. Pode escoitarse completa aquí.”
Vigo: presentación de Mares de queijo, de Ramiro Vidal Alvarinho
Lugo: edición nº 38 da revista oral O Pazo das Musas
Vigo: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado
Pontevedra: faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, con María Solar
O venres 27 de marzo, ás 18:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, coa participación de María Solar, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que conta coa colaboración da AELG.
A historia está repleta de científicos esquecidos e de grandes xestas da ciencia cubertas pola capa da invisibilidade que tantos escritores soñaron para os seus personaxes de ficción. Os problemas da divulgación científica e a fenda entre ciencias e letras colaboran nese esquecemento. Mais, a literatura pode xurdir como un elemento rescatador da ciencia e dos científicos. Desde a Literatura infantil e xuvenil á de adultos. Asi sucede coa esquecida Isabel Zendala, a coruñesa reitora da casa de expósitos que en 1803 acompañou ao doutor Balmis na Real Expedición Filantrópica da varíola que axudou a que hoxe sexa a única enfermidade erradicada do mundo grazas a unha vacina.