Radiocrítica do 2-12-2013, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o pasado luns día 2 de decembro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a narrativa de Xabier López López (0’25), a tradución ao galego da obra de John Fante (5’20), a poesía a catro mans de María do Cebreiro e mais Daniel Salgado (8’30), a poética viaxeira de Cesáreo Sánchez Iglesias (11’45), o teatro radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega (14’00), a narrativa infantoxuvenil de Érica Esmorís (20’00) e a colaboración no relato ilustrado para os máis novos de Santiago Freire e Dani Padrón (22’40).
Cuestionario Proust: Antonio García Teijeiro
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Antonio García Teijeiro:
“1.– Principal trazo do seu carácter?
– O elemento afectivo co que actúo sempre e a capacidade de traballo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A sinceridade e que sexan leais como eu son con elas.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que sexan honestas e fagan sentir o seu cariño. Así tento facer eu.
4.– A súa principal eiva?
– Sufro moito internamente e, ás veces, síntome vulnerable.
5.– A súa ocupación favorita?
– Escribir poesía con música clásica de fondo.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Non creo na felicidade como tal. Procuro gozar dos momentos felices. Mais non o consigo sempre.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder un fillo.
8.– Que lle gustaría ser?
– Estou contento co que son. A miña vida é plena.
9.– En que país desexaría vivir?
– Aquí, en Galicia, con máis recursos estruturais e co galego normalizado de verdade.
10.– A súa cor favorita?
– A cor amarela. Será que procuro a alegría nas cores.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A camelia branca e a rosa amarela.
12.– O paxaro que prefire?
– A andoriña. É así como lle chamo á miña neta.
13.– A súa devoción na prosa?
– É moi difícil dicir un. Hai un grupo que me interesa moito: Cunqueiro, Fole, Ferrín, Casares, Blanco-Amor entre os galegos…E despois, en castelán, Landero, Marías, Chirbes, García Márquez, Aira, Trapiello… Non esquezo a Camus, Torga, Coetzee…
14.– E na poesía?
– Rosalía, por riba de todos. Tamén Xohana Torres, Eva Veiga, Luz Pozo… Noutros idiomas: Lorca, Alberti, Juan Ramón, Machado, Ángel González, Cernuda, Sánchez-Rosillo, Talens, Clara Janés, Gamoneda, Huidobro, Char, Szymborska, Eugénio de Andrade, Sophia de Mello Breyner, Pessoa, Rimbaud, Bob Dylan…
15.- Un libro?
– Imposible. Facendo un esforzo, O estranxeiro de Camus e Cien años de soledad de García Márquez.
16.– Un heroe de ficción?
– Don Quixote, ou sexa, Alonso Quijano.
17.– Unha heroína?
– Ningunha en especial.
18.– A súa música favorita?
– Toda a que sexa boa. Son un melómano. Gústanme o jazz, o blues, a música clásica, o rock. E, claro, Bob Dylan, The Beatles e Beethoven.
19.– Na pintura?
– Admiro a obra de Picasso, Van Gogh, Klimt, Hopper…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Para min, Paco Ibáñez. A súa loita de toda unha vida resulta heroica. Sobre todo porque segue na mesma liña. Nunca abandonou o seu camiño.
21.– O seu nome favorito?
– Noa e Antón, que son os dos meus fillos.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A indiscreción e a envexa.
23.– O que máis odia?
– A violencia en calquera das súas manifestacións.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Adolf Hitler e por proximidade o xeneral Franco.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún. Son un declarado antibelicista.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Capacidade para tocar o piano.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Non sufrir. Sen dor. A estas alturas non ten sentido. E mellor, durmindo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– O nerviosismo interno. Sufro por todo. Son un optimista escéptico.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Aqueles que non prexudican aos demais.
30.– Un lema na súa vida?
– Manter a independencia persoal e esforzarse cando se fan as cousas, serve para gozar do que se consegue.”
Santiago: presentación de Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica
O
mércores 11 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón Cimabue do Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela (San Francisco, 3), preséntase o libro Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica, publicado por Edicións Bolanda. No acto, xunto ao autor, participan Henrique Monteagudo, Valentín García e Antonio Couto. Rógase confirmen asistencia no número 981 569 155 ou no correo electrónico comunicacion@bolanda.es.
A Coruña, Betanzos, Compostela, Vigo: Rui Zink, en Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza
Compostela: presentación de Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras
O
mércores 11 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marta Rodríguez e Manuel Bragado.
Betanzos: presentación de Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Entrevista a Berta Dávila no Culturgal 2013
Compostela: nova sesión dos Picaversos, co título Ingleses
O
martes 10 de decembro, a partir das 21:00 horas, no Paraninfo da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Ingleses, coa participación de Mariña Pérez Rei, Alexandra Lores, Gonzalo Hermo, Antía Otero, Ismael Ramos, Luís Valle, Teófila Noemí Ruiz, Alfonso Barata e Mark Wiersma.
Entrevista a Elena Gallego en México: “Dragones, magia e historia gallega en Dragal“
Entrevista
a Elena Gallego en El Informador (México):
“Lo que inició como un manuscrito para fomentar la lectura en su hijo Adrián, terminó en trilogía. Y no sólo eso, sino que ahora Dragal, de la periodista española Elena Gallego Abad (Teruel, 1969), será retomado para una serie televisiva y un videojuego, dentro de un proyecto transmedia.
A los 16, Adrián era fanático de la magia y los dragones, pero no le interesaba la cultura local de Galicia, donde su madre se afincó en la infancia, así que Gallego Abad tomó esos elementos -dragón, alquimia e historia-, para escribir un manuscrito y atraerlo hacia la literatura y las tradiciones.
“A tu hijo el patrimonio que le puedes dejar aparte de una casa o una cuenta en el banco es que sepa quién es. Lo más importante que tenemos es nuestra identidad”. (…)
A la autora le preocupa que la última generación esté perdiendo identidad. “Estamos homogeneizando todo con las redes sociales, con las películas de las grandes productoras”. (…)
“Mi juego es que los chicos vuelvan a nuestra historia, a leer, pero al mismo tiempo si consigo que un chico hable con su padre o con su abuelo y descubra la historia de su propio dragón y de su pueblo”, el texto habrá cumplido su cometido. (…)”

