A Coruña: conferencia de Miguel Anxo Seixas Seoane: Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar

O 10 de febreiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Miguel Anxo Seixas Seoane ofrecerá a Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar. Nela explicaranse as distintas concepcións e teorías da arte profesadas por Castelao e as diferentes manifestacións plásticas nas que se expresou ao longo da súa vida. Para asistir cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario.

A Coruña: presentación de Acoso e demolición do sistema público de ensino, de Xosé Ramón Branco Buxán

O 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Acoso e demolición do sistema público de ensino. Covid-19: causa ou escusa?, de Xosé Ramón Branco Buxán, publicado por Laiovento. No acto participará, ademáis do autor, o exreitor da UDC Xosé Luís Armesto. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.

A Coruña: conferencia de Miro Villar sobre Florencio Delgado Gurriarán

O 28 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Miro Villar falará sobre a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 –na revista Raigame–, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fará unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Estudo –da súa autoría– que en forma de libro vai publicar en Edicións Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.

A Coruña: presentación de En terra rara, de Xosé de Cea

O 24 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Xosé de Cea presenta a súa novela En terra rara, publicada por Medulia. Na presentación participarán tamén Laura Rey Pasandín, Pedro Panduriño (autor da ilustración da portada) e Xulio López Valcárcel (director de Medulia Editorial). As persoas interesadas deben inscribirse aquí.

A Coruña: inauguración da exposición Mardeceos

O 21 de xaneiro, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, inaugúrase a exposicion fotográfica de Pilar Silva, Mardeceos, acompañada de poemas de Lino Braxe, Rodrigo Osorio e Teresa Ramiro. Son imaxes que nos falan do mar, da vida, da morte, a través dunha chalana habitante da ría. Outras do mundo invisibel dos e das mariscadoras, habitantes tamén da ría. E baixo uns ceos de confinamentos e a través dunhas imaxes de reflexos. A irreal realidade ou viceversa. Os encontros, a amizade. A Poesía. E unha pequena homenaxe a Lino Braxe, Poeta e amigo. Para asistir cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario.

A Coruña: conferencia Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista, por Ricardo Gurriarán

O 12 de xaneiro, ás 19:30, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), dentro do ciclo Valdeorras infinda, Ricardo Gurriarán falará sobre Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Nesta palestra, Ricardo Gurriarán analizará a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas de 2022 polo seu labor literario e o activismo político e cultural, que constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora –como sinala a Academia–, neste caso, no exilio mexicano. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.

A Coruña: presentación de [círculo_dentro_do_círculo], de Inma Doval Porto, con colaxes de Emma Pedreira

O 29 de decembro, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase [círculo_dentro_do_círculo], de Inma Doval Porto, con colaxes de Emma Pedreira, autoras que guiarán o acto. O libro está publicado pola editora galego-luso-brasileira Urutau. As colaxes de Emma Pedreira estarán expostas no local da Asociación e a mostra poderá visitarse até o 20 de xaneiro. As persoas interesadas poden inscribirse reservando praza enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com

A Coruña: presentación de A Different Eden/Un Edén diferente

O 22 de decembro, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase Un edén diferente/A Different Eden, unha antoloxía de ecopoesía irlandesa e galega. Uns 40 poetas contemporáneos de Irlanda e Galiza traducidos por Keith Payne (ao inglés) e Isaac Xubín (ao galego) para dar a coñecer a outros públicos a poesía galega. As persoas interesadas deben inscribirse aquí.