Arquivos da etiqueta: Anxo Angueira
Pontevedra: presentación de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
A rosa de cen follas, de Cabanillas, obxecto dunha edición bilingüe en xaponés e galego a cargo de Takekazu Asaka
Desde a Xunta de Galicia:
“Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku, tradutor de galego ao xaponés e embaixador maior da nosa lingua propia no Xapón, presentou hoxe no compostelán Pazo de San Roque a nova edición bilingüe de A rosa de cen follas, de Ramón Cabanilllas, ao xaponés-galego. Asaka, Takiño en Galicia, xa lle dedicara en 2013 a Cantata ao autor cambadés. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación, na que reiterou “o agradecemento infindo da lingua e da cultura galegas, de todas e todos os galegos, a Takekazu Asaka, que é aquí, en Galicia, un máis de nós e, alí, no país do sol nacente, o máximo expoñente da proxección do noso idioma propio”.
Participaron canda eles na presentación o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o profesor e académico da lingua galega Francisco Fernández Rei, autor do limiar da obra.
Asaka dá ao prelo Hyakuyō ô bara/A rosa de cen follas. Breviario dun amor (2019), versión en xaponés do cancioneiro amoroso de Ramón Cabanillas que reproduce a editada polo cambadés en Mondariz-Balneario no ano 1927. Engádelle un vocabulario galego-xaponés co léxico dos poemas, acompáñao dun limiar da autoría de Francisco Fernández Rei, de Bibliografía e dunha coda na que el mesmo dá conta dos motivos que o levaron a traducir do galego ao xaponés e da dificultade para traducir ao Poeta da Raza, polos abundantes dialectalismos cambadeses, complexas metáforas e polimorfismos.
Anuncia, no peche, a vindeira edición dun cedé cos catro textos de A rosa de cen follas que conteñen partitura musical: IV Era un piniño novo, A capilla [VI A capilla adormíase nas sombras], Aureana do Sil [XXVIII As areas de ouro] e XXXII O Rei tiña unha filla.
Ilustrado por Ataque e impreso en Nishida (Osaka), conta cos patrocinios da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e do Concello de Cambados. (…)”
Padrón: Abride a Fiestra 2019
Sábado 13
– 19:00 h. Visita teatralizada con Os Quinquilláns.
– 20:00 h. Recital poético multilingüe co Colectivo de Poetas en Bruxelas e un grupo representativo da poesía galega actual. Participarán os/as escritores/as Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño.
– 21:00 h. Concerto de Cristina Pato, con Roberto Comesaña.
Domingo 14
Con feira de produtos rosalianos de todo a xornada e ludoteca para nenas e nenos.
– 11:00 h. Visita guiada pola horta da Casa, por Carlos Dacal.
– 11:30 h. Visita guiada pola Casa, por Pedro Feijoo.
– 12:00 h. Paco Nogueiras, concerto familiar (Brinca vai!).
– 12:00 h. Conferencia de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre “Rosalía, A Matanza e Rodríguez del Padrón”
– 12:30 h. Visita guiada pola Casa, con Pepe Barro.
– 13:00 h. Mini-concerto de Secho no Piano de Rosalía.
– 13:00 h. Conferencia de Carlos Castelao sobre “As fotografías de Rosalía”.
– 13:30 h. Regueifa con Lupe Blanco e Kike Estévez.
– 14:00 h. Performance poética de Andrea Sanjurjo e Fabián Niño.
– 14:10 h. Concerto de Secho.
– 16:00 h. Proxección do filme Contou Rosalía.
– 17:00 h. Visita guiada pola Casa, por Francisco Rodríguez.
– 17:30 h. Paco Nogueiras, concerto familiar (Radio Bule Bule).
– 18:30 h. Visita guiada pola Casa, con Olga Novo recitando.
– 18:50 h. Mini-concerto de Ugia Pedreira e Cristina Pato no Piano de Rosalía.
– 19:00 h. Visita guiada para nenos/as con Manuel Lorenzo Baleirón.
– 19:15 h. Performance musical de Ugia Pedreira, acompañada por Cristina Pato.
– 20:00 h. Presentación do proxecto ‘Amigos/as da Casa de Rosalía’, por Anxo Angueira.
– 20:20 h. Presentación do libro do Premio Escolar de Poesía.
– 20:40 h. Entrega da Rosa de Galicia á familia de Villar Granjel + Coral de Padrón.
– 21:00 h. Concerto de Davide Salvado.
Apoian:
– Deputación da Coruña.
– Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
– Concello de Padrón.
Patrocinan:
– Galicia Calidade.
– Adega Paco eLola.
– St. Petroni. O vermú de Galicia.”
Vigo: presentación de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
A Coruña: presentación da edición crítica de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira
Compostela: presentación de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
Padrón: presentación de Cartas a Murguía III (1886-1923), de Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro
A poesía de Manuel Rivas, Lupe Gómez ou María do Cebreiro, traducida ao inglés
Artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza:
“A poesía galega avanza na súa difusión internacional. Libros de María do Cebreiro, Manuel Rivas, Lupe Gómez e Yolanda Castaño verán luz en inglés nos vindeiros meses.
Camuflaxe (Chan da Pólvora, 2017) foi a reaparición de Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972) logo de seis anos sen publicar. Novo estadio na súa contundente e singular obra poética, obtivo gran recoñecemento das lectoras e da crítica. Non por acaso recibiu o premio da Asociación Galega da Crítica 2018. A canadiana Erín Moure encargouse da tradución inglesa e o volume inaugurará o selo estadounidense Circumference Books, centrado na tradución de poesía.
Shearsman Books, con sede en Bristol, é unha das principais editoriais do xénero en Gran Bretaña. Este ano publicará tres poetas galegas. O deserto (Apiario, 2015), de María do Cebreiro (Compostela, 1976) e no seu día premio da Crítica, e A segunda lingua (Pen Clube, 2014, premio Abanca), de Yolanda Castaño (Compostela, 1977), terán versión do tradutor e poeta irlandés Keith Payne.
A Manuel Rivas (A Coruña, 1957) tamén o traducirá unha irlandesa, a poeta Lorna Shaugnessy que xa se ocupara de facelo con A desaparición da neve (Alfaguara, 2009). Desta volta será A boca da terra (Xerais, 2015).
Non só a poesía viaxará máis alá do campo literario galego. A editorial Small Stations, dirixida por Jonathan Dunne e Tsevetanka Elenkova, anuncia a publicación, ao longo do que queda de 2019, de cinco títulos, segundo informa o portal Galician Literature da Dorección Xeral de Políticas Culturais da Xunta.
Serán de Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) –Tristes armas (Xerais, 1994)-, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) –A Cabeza de Medusa (Galaxia, 2008)-, Elena Gallego (Teruel, 1969) –Dragal IV: A estirpe do dragón (Xerais, 2015)-, Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1955) –Pensa nao (Xerais, 1999) e Paco Martín (Lugo, 1940) –Das cousas de Ramón Lamote (SM, 1985).”