“O
16 de decembro tivo lugar no Fórum Metropolitano da Coruña o acto de entrega de Premios do IX Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Este Certame organizado pola AS-PG ten como obxectivo reinterpretar e divulgar a Literatura Galega desde novos formatos e contribuír á relación cinema-literatura.
PREMIOS:
CATEGORÍA XERAL PREMIO Á MELLOR CURTA DA IX EDICIÓN.
O 1º premio foi para Mulleres muro, a garda patética, de Pepe Galán
O 2º premio foi para Emma Pedreira. O des-en-freo”, de Daniel Chapela
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
O 1º premio foi para Rosalía, quilómetro cero, de Cristina de la Torre (IES Macías o Namorado- Padrón)
O 2º premio foi para A mellor sopa do mundo, de María Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide)
Mención especial Irmaus-Celso Emilio, alumnado de 1º bacharelato (IES María Soliño-Cangas)
O Certame contou coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica do Concello da Coruña, e coa da área de Cultura da Deputación da Coruña para as actividades organizadas ao redor do mesmo.
Desculpando a súa ausencia o Sr. Concelleiro de Cultura por problemas de axenda os premios foron entregado por:
Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña
Isa Risco, actriz de teatro, cine e tv en representación do xurado
Xoán Costa, Presidente da AS-PG
O realizador e colaborador desta IX edición das curtas Omar Rabuñal Varela.”
Arquivos da etiqueta: AS-PG
Santiago de Compostela: 70minutos.con, con Yolanda Castaño e Chus Pato
Betanzos: 70minutos.con, con Yolanda Castaño e Lucía Aldao
Carballo: 70minutos.con, con Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial
A Coruña: 70minutos.con, con Yolanda Castaño e Pilar Pallarés
Ferrol: 70minutos.con, con Henrique Dacosta e Mario Regueira
Identidade e afectos patrios, de Ramón Villares, Premio Mondoñedo 10 2019 de Ensaio
O mellor ensaio galego da década atópase entre 13 obras
Desde
Sermos Galiza:
“Un total de 13 obras compiten por seren recoñecidas co Premio Mondoñedo 10 ao mellor ensaio da última década. Trátase dos seguintes libros: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais, 2012); Os santos titulares de parroquia en Galiza, de Xosé M. González Reboredo (Sotelo Blanco, 2012); Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela (Galaxia, 2012); Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, de Xurxo Ayán e Manuel Gago (2.0 Editora, 2012); Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez Sánchez (AS-PG, 2013); Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, de Antón Cortizas (Xerais, 2013); Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora, 2015); Historia de Galicia, de Ramón Villares (Galaxia, 2016); Enfermos pobres, médicos tristes: Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas, de Roberto Fernández Álvarez (Urco, 2017); Identidade e afectos patrios, de Ramón Villares (Galaxia, 2017); Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama (Galaxia, 2017); Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, de Anahí Almasía, Mariela Sánchez e Antón Santamarina (Alvarellos, 2018) e As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do s. XIX, de Carlos Iglesias Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, 2018).
O xurado reunirase en Mondoñedo o domingo, 13 de outubro de 2019, ás 12 horas, e a entrega do premio terá lugar nun acto público que acollerá o Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo o domingo 20 de outubro. O premio consistirá nun diploma acreditativo e unha obra artística orixinal e única, creada para esta ocasión polo artista mindoniense, José Pedro Gómez.
Forman parte do xurado: Antonio Reigosa (presidente, sen voto), cronista oficial de Mondoñedo; un vogal designado polo Consello da Cultura Galega; outro pola Real Academia Galega; outro pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega; outro pola Asociación Galega de Editoras; outro polo Instituto Galego de Historia; outro pola Facultade de Humanidades de Lugo (USC) e outro polo Concello de Mondoñedo. Actuará como secretario (sen voto) Fran Bouso, designado pola asociación convocadora deste premio.”









