Arquivos da etiqueta: Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Compostela: presentación de Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga
Compostela: presentación de Movendo os marcos do patriarcado, de Marilar Aleixandre e María López Sández
Compostela: presentación de O estrangulamento tecnolóxico de Galiza, de Diego Sande Veiga
Compostela: presentación de Mociñas, de Louisa May Alcott, traducida por Rocío Viéitez
Compostela: presentación de Corazón de manteiga, de Xavier Queipo, e Silencio, de Agustín Agra
Vigo: presentación de Iridium, de Francisco Castro
Compostela: Palabra de Muller, por Lisístrata
(Máis información aquí)
Compostela: xornada de homenaxe a Xabier P. DoCampo
Máis información aquí.
Compostela: Lecturas en homenaxe a Xabier P. DoCampo, o 4 de xuño
“Neste próximo mes de xuño de 2019 cúmprese un ano da morte do escritor Xabier P. DoCampo.
A A.C. O Galo convídate a participar na homenaxe que se vai celebrar a partir das 17:00 horas do martes 4 de xuño de 2019 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
O Acto consistirá na lectura de textos de Xabier P. DoCampo. Os e as participantes porémoslle voz á súa palabra, evitando calquera tipo de discurso. Ás 19:00 horas haberá unha pequena charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
A participación da A. C. O Galo, o mesmo que a doutras organizacións participantes, consiste na presenza de asociados e amigos que poidan ler un texto.
Por tanto, precisamos persoas interesadas en participar nesta homenaxe a Xabier P. DoCampo lendo un pequeno texto, para o que debedes anotarvos canto antes, e con data límite o 25 de maio, neste correo electrónico comunicacion@ogalo.gal
Agradecemos que nos indiquedes un tramo de media hora entre as 17:00 e as 19:00 para adxudicar a orde das leituras.”