Malpica: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto sábado 30 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa do Pescador (Avenida Emilio González) de Malpica, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan José Carrillo e Selina Otero.

Ramón Vilar Landeira: “Quero ir máis aló dos titulares, contar historias persoais”

EntrevistaRamón Vilar Landeira a Ramón Vilar Landeira en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Está a ter boa acollida [Os televisores estrábicos]?
– Ramón Vilar Landeira (RVL): Si, para min é toda unha sorpresa. A editorial quixo apostar forte pola promoción deste libro e estamos a ter un bo nivel de vendas. Leva dous meses e medio á venda e está preto de terminarse a primeira edición.
– LVG: Este é o seu primeiro libro. Gustaríalle seguir escribindo?
– RVL: Si, eu levo traballando como xornalista catorce anos e gañei algún premio literario. Escribir é a miña paixón. Nunca me atrevera a publicar, dábame algo de vertixe. Este ano decidín enviar o libro á editorial Xerais e para a miña sorpresa, encantoulles.
– LVG: Sobre que tema lle gustaría escribir?
– RVL: Teño moitas ganas de escribir unha novela, supoño que será o seguinte paso. Pero o momento vital no que estou non me deixa moito tempo para escribir. Teño dous nenos pequenos e traballo como xornalista. Gustaríame escribir sobre a corrupción en Galicia, creo que ese tema podería dar para moito.”

Corme: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto xoves 28 de agosto, ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Rúa Real, 14) de Corme, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Serafín Mourelle.

Foz: acto destacado do venres 29 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 venres 29 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:

– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.

Foz: acto destacado do xoves 28 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 xoves 28 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:

– 20:45 h. Presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.

Monforte: actos destacados do sábado 23 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 sábado 23 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horarios de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan os seguintes:

– 19:00 h. Recital-presentación da novela Fugaz coincidencia e o poemario Nair, de José Estévez, publicados por Redelibros. Participan, xunto ao autor, Luísa Arias, Ana P. Croas, Iria López, Montse González, Beti Arias, Catarina Laxe, David Díaz Dacal e Isidro Rajo “Isidrez”.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Sinatura de libros de Xurxo Souto na caseta da Libraría Cartabón.

Monforte: actos destacados do xoves 21 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 xoves 21 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horarios de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan os seguintes:

– 19:00 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
– 19:00 h. Ramón Vilar Landeira asina exemplares da súa obra na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Ramón Vilar Landeira presenta o seu libro Os televisores estrábicos, publicado por Xerais.

Agustín Fernández Paz: “Calquera vida pode ser materia para unha novela apaixonante”

EntrevistaAgustín Fernández Paz de Carme Vidal a Agustín Fernández Paz en Sermos Galiza:
“- Sermos Galiza (SG): -“Cando os nosos pais desaparecen, comezamos a botar de menos non ter conversado máis con eles”, escribe no arranque da novela [A viaxe de Gagarin].
– Agustín Fernández Paz (AFP): É un sentimento xeralizado que a min tamén me aconteceu, a idea de que tiñamos que ter falado máis, das cousas que non se contaron. Meu pai morreu novo, con 56 anos, e quedaron moitas cousas sen saber. Trátase dun tema moi literario e á vez moi real. Unha ausencia forza o repaso á vida. Ten que acontecer algo esencial, forte, para que unha persoa se anime a lembrar a súa vida, como é o caso do protagonista da novela que rememora a última infancia e a mocidade, etapas fundamentais para cada un de nós. Cando escribes a novela non fas ese discurso, ten un aquel de irracional. É unha vez rematada cando lle ves o xeito. Non me decatei, poño por caso, de que entra nos canons da novela de formación. As novelas obedecen a un plan mais tamén responden a un pulo apaixonado, un inicio irracional. Trato de averiguar en que momento xurdiu A viaxe de Gagarin e non me sae algo concreto, deberon ser varias as razóns que me motivaron. (…)
– SG: Procurar esa lectura fluída é traballo de humildade?
– AFP: Non o creo. É a miña concepción literaria, escribir de maneira que ao lector non lle resulte complexo. Outros autores escriben de maneira máis escura e o seu traballo é igual de digno. O meu é optar pola transparencia o que só se pode conseguir a base de versións e cambios. O primeiro borrador sempre é espeso. Só o traballo permite crear unha obra de lectura fluída, que o libro teña ritmo e que a estrutura das cousas que pasan, a materia narrativa, estean ben distribuídas.
– SG: Despois dun proceso como o nacemento dunha novela longa, como se inicia outro proxecto literario?
– AFP: Cun proceso de descompresión. Cando creas un mundo implícaste nel, todo o que che pasa nese tempo semella estar en relación neste caso agravado aínda pola aposta do blog. Para meterme nunha nova novela ten que pasar tempo, que esta xente, os personaxes, se vaian perdendo, que desocupen a túa vida. Unha novela é como un capítulo da túa vida. Agora teño que pechar os anos sesenta, non podo volver a eles, xa lle chegou.”

Viveiro: actividades destacadas do sábado 16 e domingo 17 na Feira do Libro

OFeiras do Libro Viveiro 1 sábado 16 e domingo 17 de agosto finaliza a edición de 2014 da Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

Sábado 16
– 19:00 h. Recital-presentación da novela Fugaz coincidencia e o poemario Nair, de José Estévez, publicados por Redelibros. Participan, xunto ao autor, Chus Amieiro, Luísa Arias, Ana P. Croas, Iria López, Salomé Díaz Muñiz, Esperanza Martínez, Carmen Cociña, Catarina Laxe e Mar Romero.
– 20:00 h. Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, publicado por Redelibros.
– 20:00 h. Presentación do libro A voz do vento, de Pemón Bouzas, publicado en Xerais.

Domingo 17
– 20:00 h. Presentación do libro Alcumes de Celeiro, de José Antonio Abella Albo.
– 21:00 h. Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, de Eduardo Sanches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.