Entrevista
a Arturo Casas en Protexta, desde Galaxia:
“Así titulan no último Protexta a entrevista que Marta Pérez Pereiro lle fixo a Arturo Casas con motivo da publicación do libro Alusión, que escolma unha parte do seu blog Lándoas. Velaquí podedes ler a entrevista completa.”
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Vigo: coloquio de Francisco Castro sobre a súa novela In vino veritas
O
luns 6 de febreiro, ás 18:30 horas, no IES de Valadares de Vigo, o escritor Francisco Castro falará sobre a súa novela In vino veritas co alumnado do centro educativo.
As Pontes: concerto comentado de Haberá primavera, por César Morán
O
venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa Dopeso (Rosalía de Castro, 28), As Pontes, terá lugar un concerto comentado do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, publicado en Galaxia, baseado en poemas de Álvaro Cunqueiro. No acto o autor estará acompañado por Afonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).
Ourense: recital-concerto Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro
O
martes 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a presentación do libro-disco Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro, publicado en Galaxia, coa participación musical de Emilio Rúa.
Galaxia publica en galego o último libro de Paul Auster antes de que saia en inglés
“A
Editorial Galaxia publicará en galego o próximo mércores -1 de febreiro- o último libro do escritor estadounidense Paul Auster, Diario de inverno. Desta forma, a súa última obra sairá á luz en galego ao mesmo tempo que en castelán -á vez que sairá a edición dixital-, e farao antes de que sexa publicada en inglés. Segundo explica Galaxia, a novela do autor da triloxía de Nova York, encaixa á perfección no que a crítica denomina autoficción, de forma que o autor se converte a si mesmo en personaxe da obra, como fixo con anterioridade noutros traballos. (…)” Vía Galicia Hoxe.
Rianxo: presentación de Vivir, unha aventura irrepetíbel, de Mercedes Queixas
O
sábado
28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas, publicada en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.
A Coruña: presentación de O soldadiño de chumbo
O
domingo 29 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n), preséntase o libro O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, adaptado por Xavier Senín, e publicado en Galaxia. No acto, onde se proxectará igualmente a curta que acompaña a publicación, intervirán Virginia Curiá, Cristina Ameijeiras e Francisco Castro.
Pontevedra: coloquio sobre O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 26 de xaneiro, ás 16:00 horas, no colexio SEK de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández visita os alumnos para falar sobre a súa novela O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Vigo: presentación de 2044, de Eduardo Santiago
O
martes 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase a novela 2044, de Eduardo Santiago, publicada en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Francisco Castro.
Piñor: coloquio sobre Lume de cobiza co seu autor, Miguel Anxo Fernández
O
martes 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Bar Ojea de Piñor, Miguel Anxo Fernández visita o clube de lectura Libros Abertos para falar sobre a súa novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.