Arquivos da etiqueta: Eli Ríos
Feira do Libro de Santiago 2018: actividades do 1 e 2 de maio
O
1 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h. (o mércores 2 finalizaría ás 14:00 e 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado e domingo:
Terza feira 1
– 12:00 h. Contacontos ilustrado María Victoria Moreno. Vida e obra, con Eli Ríos.
Cuarta feira 2
– 19:00 h. Presentación de Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, publicado por Xerais.
Fallo do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
Reunidas
en Pontevedra o 23 de abril de 2018, día internacional do libro e dos dereitos de autoría, o xurado do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, composto por:
– Eli Ríos en representación da familia de María Victoria Moreno
– Andrea Martínez, alumna do IES Torrente Ballester
– Carme Hermida en representación do Concello de Pontevedra
– Montse Pena Presas, experta en LIX
– Andrea Jamardo Seijo en representación de Urco Editora,
considerou como gañadora por maioría dos votos a obra O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, pola fortaleza dos personaxes femininos dotadas dunha afouteza optimista e sen creba, a introdución do bestiario máxico galego nun contexto histórico e, no entanto, dotado de modernidade e a mestría con que tece con precisión a linguaxe nos novelos da maxia.
Unha vez aberta a plica o autor resultou ser: Antonio Manuel Fraga.
Asemade o xurado considera finalistas e recomenda a súa publicación as obras presentadas cos seguintes lemas:
“Be Water”
“Irmá Paxaro”
Xs autorxs destas obras poden poñerse en contacto coa editora en info@urcoeditora.com
Queremos agradecer ás 31 persoas que participaron na primeira edición do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil pola calidade das obras presentadas.”
Compostela: contacontos-obradoiro A brétema, de María Victoria Moreno, con Eli Ríos e Andrea Jamardo
O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galiza e en Portugal en 2017
“O
certame aRi[t]mar Galiza e Portugal da música e da poesía galego-portuguesa, iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, abrirá o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as vinte (10+10) poesías portuguesas e galegas finalistas. As persoas que quixeren participar poderán votar a través da web da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, desde as 00:00 h do día 20 de abril até ás 23:59 h do día 20 de maio, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.
As poesías finalistas desta edición son as galegas: Arróstrasme ítacas (Eli Ríos), Cinco adolescentes sentadas (Fran Alonso), Blues do rei Bergman = B.B. King (Lois Pérez), Afixécheste a encollerte (Lupe Gómez), Tira a roupa (Marta Dacosta), Herdanza (Olalla Cociña), Se vas morrer na guerra leva un libro (Pura Tejelo), Esquecer ter cousas (Sther F. Carrodeguas), Agoiro (Xulio L. Valcárcel) e Palabras na beira (Xurxo Alonso); e as portuguesas: Com o ritmo da chuva (Alexandre Brea Rodríguez), Poderei ser uma daquelas pessoas que lêem sinais (Rosa Oliveira), Sou mulher de vestígios fáceis e dignos (Cláudia R. Sampaio), Contrato social (Madalena de Castro), Música antológica and todos contentes (José Miguel Silva), Estamos parados de olhos postos (Rui Almeida), Somos daqueles que limpam os ouvidos (Golgona Anghel), Aprendizagens (Ana Luísa Amaral), Memórias da casa da China e de outras visitas, à maneira de Yuan Mei (Manuel Afonso Costa) e Revel (Nuno F. Silva).
aRi[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
Coa organización da Equipa de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, durante o ano lectivo trabállanse de forma didáctica os textos e as músicas e, posteriormente, escóllense mediante votación popular online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso en 2017. A finais de outubro os gañadores participarán nunha Gala de entrega de premios en Santiago de Compostela.”
Arzúa: presentación de Mulleres Bravas da nosa Historia
A Coruña: Libros a monte 2018
Eli Ríos presenta Culpable
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Culpable é un libro que esculca os límites e ten como motor o enfado e a rabia. “Quería recuperar tamén as novas voces que están construíndo discursos diferentes”. A entrevista a Eli Ríos pode escoitarse aquí.”






