O xoves
24 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, preséntase o libro Rúa da Cancela, de Eli Ríos e Eduardo Estévez, obra gañadora do IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas, e publicada pola A. C. Caldeirón. Posteriormente, terá lugar un recital de poemas dos/das autores/as gañadores/as dos consecutivos premios de poesía erótica Illas Sisargas, coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán, Lino Braxe, Emma Pedreira, Paco Souto e Paco de Tano.
Arquivos da etiqueta: Emma Pedreira
A Coruña: Caruncho, sete momentos. Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho
Crónica posterior en Galicia Hoxe.
A Coruña: V Encontros Milpedras: recital conxunto de poesía, música e fotografía
O venres
4 de febreiro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a quinta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Berta Dávila, Emma Couceiro, Emma Pedreira e Yolanda Castaño en paralelo á música de Álvaro Muras e a intervención fotográfica de Begoña Pastoriza.
Emma Pedreira: “A poesía sempre foi a prima rara”
(Xornal)
Emma Pedreira e Pepe Pol gañan os premios de poesía e narrativa Manuel Oreste Rodríguez López
Emma Pedreira gaña o Premio Novacaixagalicia, con Antítese da ruína
Emma
Pedreira (A Coruña, 1978) gañou o Premio Novacaixagalicia coa súa obra Antítese da ruína, convocado por esta entidade e o Pen Clube, e dotado con 12000 euros. A súa obra foi escollida entre os 49 orixinais presentados polo xurado, que estivo presidido por Luís González Tosar, e integrado por Jonathan Dunne, tradutor e editor; Modesto Hermida, poeta, crítico literario e profesor de Lingua e Literatura; Xavier Rodríguez Baixeras, poeta e tradutor (gañador da edición anterior); Rexina Vega, escritora e profesora da Universidade de Vigo, e Xabier Castro Martínez, que actuou como secretario con voz e sen voto. O xurado, que elixiu o poemario de Emma Pedreira por unanimidade, quixo destacar o valor poético da obra, así como as sorprendentes imaxes e o espazo vital que presenta. Segundo indicou González Tosar, “é un poemario singular que pertence a unha poetisa cunha traxectoria notable que consolida con este premio a intensidade da súa voz”. Nova recollida tamén en Galicia Hoxe, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión, Cultura Galega e Fervenzas Literarias.
A Coruña: presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo
A Librería
Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.
Santiago: recital Camiño de Oz
O sábado 21 de agosto, ás 19:30 horas, desenvólvese o recital de poesía galega contemporánea Camiño de Oz, con Emma Pedreira, Dores Tembrás, Begoña Regueiro, Xurxo Fernández Martíns e Ana Cibeira. O acto, presentado por Teresa Seara, celébrase na Praza de Cervantes, de Santiago, sendo organizado pola Libraría Couceiro.
A Coruña: recital poético-musical na exposición “Cada paso conta”
O martes 22 de xuño,
ás 20:00 horas, na Casa Casares Quiroga (Panadeiras, 12) da Coruña, haberá un recital poético-musical, organizado por Acción contra el Hambre Galicia. Nel participan Marica Campo, Francisco Fernández Naval, Olga Patiño e Emma Pedreira, e os compoñentes do grupo folk Citania: Teresa Méndez (violín) e Brais Morán (guitarra). Este acto está enmarcado na exposición CADA PASO CONTA: pintura, fotografía, escultura, poesía, ilustración, artesanía, na que máis de 70 artistas doan as súas obras para loitar contra a desnutrición infantil. A entrada será libre até completar capacidade.
A Coruña: presentación de Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira
Este venres día 11, ás 20:00 na Asociación Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18), preséntase Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira, libro gañador do III Premio de Poesía Illas Sisargas. Ademais da autora participarán Ana Cibeira, Eva Veiga e Teresa Seara.
