Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade

O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade é unha actividade onde a AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ledicia CostasYolanda CastañoCarlos NegroMaría Lado e Esther Carrodeguas ofrecerán os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigoreflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).

A entrada libre, con inscrición gratuíta en imocino@gmail.com se se quere acceder ao recoñecemento de 15 horas para créditos de libre elección.

2 outubro | Ledicia Costas | Luces e monstros, da realidade á fantasía

9 de outubro | María Lado | Como pode a literatura cambiar (un pouco) a túa vida

16 de outubro | Yolanda Castaño | Chaves en letra miúda

23 de outubro | Carlos Negro | Versos para especies diversas (menú de aula)

30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras

Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 7 de xullo

O sábado 7 de xullo finaliza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

13:00 h. Presentación de Dramaturxia galega actual, de Esther F. Carrodeguas, Ernesto Is, Miguel Sande e Inherente Teatro, publicado por Á Feira Edicións.
19:00 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia, publicado por Chiado Editora.

Cangas: Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo 2018

Desde a MITCFC:
“A MITCFC leva 35 anos transformando Cangas e o seu particular patrimonio arquitectónico nunha vila-teatro que exhibe espectáculos nos máis variados espazos posibles: desde praias, xardíns e grandes espazos ata adros, capelas ou pequenas prazas nas que acoller a milleiros de espectadores de todas as idades e procedencias xeográficas, reforzando así a aposta desta Mostra de que as vivas artes escénicas invadan a vida cotiá da vila.
É sabido que a MITCFC é un referente autonómico e estatal en materia de igualdade de xénero, sendo a primeira mostra do estado que impulsou e aplicou o principio de paridade, mesmo desde antes do nacemento das leis galega e estatal de igualdade. Así, a unha programación totalmente paritaria, témoslle que sumar os dezasete anos de vida de Mulleres Acción e a sexta edición do Premio que leva o mesmo nome..
35 anos construíndo espazos, creando públicos, impulsando novas formas, promovendo a pedagoxía e os encontros profesionais, aplicando transversalmente o principio de igualdade, coproducindo espectáculos e non perdendo de vista o noso obxectivo principal, comunicar con HUMOR. (…)
Aquí pode consultarse o programa completo.”

A Coruña: “A cultura é un dereito. A escena galega no palco do Colón”, o 9 de xuño

Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do 5 e 6 de maio

O domingo 6 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado e domingo:

Sábado 5
13:00 h. Cata poética. Duelo de viños: Rioja e Ribeira Sacra por Agranola, con poemas de Ramón Blanco Fernández.
19:00 h. Ánxela Gracián e Antonio Seijas asinan exemplares de Doce cartas a María Victoria Moreno, publicado por Hércules de Edicións, na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h. José Luis Casteleiro, Miguel García Seoane e Carlos Sardiña asinan exemplares de Galicia inmaterial, Galicia máxica, na caseta da Libraría Ler A Pobra.
20:00 h. Presentación de Amor por catro, de Helena Villar Janeiro, publicado por Galaxia. No acto, xunto á autora, participa Francisco Castro.

Domingo 6
12:00 h. Obradoiro express de escrita creativa, con Andrea Barreira. A partir de 11 anos.
18:00 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
19:30 h. Palabras Vivas con Poesía en feminino. 20 poemas, de Ana Romaní, Esther Carrodeguas, Fátima Núñez, María do Cebreiro e Marilar Aleixandre.