Desde o Concello de Lugo:
“O 7 de febreiro, ás 20:00 horas, no Patio do Vello Cárcere de Lugo, María Reimóndez presenta As estacións do lobo, publicada po Xerais. No acto participan, xunto á autora, Montse Paz, Mercedes Peón, Eva Teijeiro, Montse Dopico e Ánxela Lema, quen falarán das súas lecturas dos libros que compoñen o Ciclo dos elementos.
Posteriormente, o sábado 8 de febreiro, a autora organiza un roteiro pola cidade de Lugo. Comezará ás 11:00 horas, cunha duración aproximada de 2 horas na gasolineira de San Rafael, na Avenida da Coruña 310, e rematará na estación de autobuses. “Iremos camiñando sen présa e parando en diferentes lugares, algúns deles con espazo para descansar”, indicou María Reimóndez, que engadiu “procuraremos que o paseo sexa relaxado, tamén para os cans participantes”.
As persoas que desexen inscribirse deberán anotarse neste formulario.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que pechará o día 7 de febreiro ás 20 horas.”
Arquivos da etiqueta: Eva Teixeiro
Vigo: presentación de As estacións do lobo, de María Reimóndez
Convocatoria para textos sobre o fútbol
“A profesora Eva Teijeiro (evateijeiro@edu.xunta.gal) xestiona un blog, Entreno diario, diario de entreno, no que se publican historias relacionadas co fútbol, tentanto ofrecer unha visión diferente da que amosan os medios de comunicación en relación con grandes clubes. Tamén se quere demostrar que este deporte non é alleo a distintas manifestacións culturais.
Este era un proxecto do finado Xosé Anxo Varela Canti, na súa homenaxe habilitouse novo blog para ir colgando materiais.
Agradecen calquera achega de textos ou recomendacións con respecto a esta temática, para ilo enchendo de contidos diversos que o fagan dalgún xeito un referente na rede sobre esta cuestión.
Os textos ou fragmentos inéditos ou publicados (poesía ou prosa) deben ter algunha relación co fútbol, aínda que non sexa a súa temática principal.
Deben ser enviados ao enderezo electrónico citado no inicio (evateijeiro@edu.xunta.gal).”