Arquivos da etiqueta: Eva Veiga
A Coruña: recital poético en homenaxe a Alfonso Abelenda
O venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, no Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16) da Coruña, no marco da inauguración da IV Feira de Arte Galega, terá lugar unha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga.
Noia: festa anual da A. C. Barbantia, e entrega dos premios Sereos
O
sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, a Asociación Cultural Barbantia, en colaboración con La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia presenta un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia e o Anuario de estudos do Barbanza 2011. Ao remate do acto, no que participan Manuel Cartea, Xesús Laíño, Javier Rodríguez e Rafael García Guerrero, entregaranse os Sereos, Premios Barbantia da Cultura, que este ano recaeron na Casa da Gramática, Paola García Paz e Eva Veiga.
Eva Veiga, Paola García Paz e a Casa da Gramática, gañan os Sereos, premios da Asociación Cultural Barbantia
“A
Asociación Cultural Barbantia xa se prepara para a súa gran festa anual, que este ano vai ter lugar en Noia e contará con tres protagonistas de excepción: os galardoados cos Sereos, os premios instituídos pola asociación que acadan este ano a quinta edición. Na Traxectoria Cultural no Barbanza, a galardoada é a pintora Paola García Paz; a Iniciativa Cultural no Barbanza é para a publicación do IES Virxe do Mar de Noia, Casa da Gramática; e a distinción á Cultura Galega vai para a poeta Eva Veiga. A entrega das figuras de Sargadelos que substitúen ás de bronce que se viñeron dando ata o ano pasado, vai ser o acto máis solemne da cita fixada na Casa de Cultura Avilés de Taramancos da histórica vila de Noia, pero vai haber outros que xa son fixos na programación da principal entidade cultural da zona. Trátase, por exemplo, da presentación no Anuario de Estudos do Barbanza 2011, publicación na que se recompilan colaboracións de creadores barbanceses, un resumo dos actos que se desenvolveron ao longo dos doce meses baixo e epígrafe de Barbantia, a relación dos libros editados na comarca e outras achegas, do que falará Manuel Cartea, o coordinador da publicación. A designación dos premios Sereos fíxose por medio dunha votación entre os socios de Barbantia. O período para presentar as propostas rematou o pasado venres e o escrutinio foi feito polo presidente da asociación, Xesús Laíño; o directivo Antón Riveiro Coello e o coordinador da organización, Alberto Piñeiro.” Vía La Voz de Galicia.
Santiago: espectáculo A porta entreaberta ou as balas do desexo, do grupo Ouriol
O
mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de Lois Pereiro, que contará tamén coa participación artística na creación de imaxes do pintor Alfonso Costa.
A Coruña: IX Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e fotografía
O
venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a IX edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
Santiago: recital poético Picaversos, con Olga Novo, Martin Wu e Lupe Gómez
O
martes 18 de outubro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, e baixo o lema Ferid@s, chega a segunda sesión do ciclo de lecturas poéticas Picaversos. Os tres lectores convidados a continuar este ciclo de lecturas son Eva Veiga, Estevo Creus e Mónica de Nut, que ofrecerán ao público con textos propios e alleos baixo ese paraugas temático, intercalados con música. A entrada custa 2 euros.
A Coruña: presentación de Gratas e boas novas, de Celso Fernández Sanmartín
O
venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Gratas e boas novas, de Celso Fernández Sanmartín. No acto, acompañando ao autor, participan Dores Tembrás e Eva Veiga, e os músicos Benxamín Otero (oboe) e Carlos Quintá (acordeón diatónico).
A Coruña: actividades do martes 9 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) Golpear de sombras, publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
– 20:00 h. Presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
A Coruña: recital poético en Homenaxe á Torre de Hércules
O
martes 12 de xullo, ás 19:30 horas, na Sala de Exposicións do Palacio Municipal (Praza de María Pita) da Coruña, terá lugar un recital poético en Homenaxe á Torre de Hércules, coa participación de: Ánxeles Penas, Luz Pozo, Eva Veiga, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Olga Patiño, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Mato, Diana Varela e Dores Tembrás.

