O
venres 23 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lérez, a Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez organiza a proxección da película e presentación do libro Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicado en Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Fina Casalderrey
Coñécense os Premios da Crítica Galicia 2012
No
Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no serán do sábado 17 de novembro o ditame da trixésimo quinta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.
Baixo o lema Galicia como tarefa, recollido dun título de Valentín Paz Andrade, xuntáronse máis de trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Cultura; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de cultura; Valentín Gómez, secretario xeral de política lingüística; Ana Isabel Vázquez, delegada de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra; Santiago Domínguez Olveira, voceiro do BNG no concello de Vigo; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club de Galicia e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.
Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Comba Campoy, saudando aos asistentes e lembrando a importancia desta triséximo quinta edición na que a Fundación edita o libro 35 anos de cultura, así como facendo un chamamento á valentía e sabedoría de nós os Galegos para facerlle fronte á realidade actual.
– O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Ana Romaní Blanco, Luciano Rodríguez Gómez, Olivia Rodríguez, Fina Casalderrey Fraga, Isabel Mociño González, Xavier Lama e Blanca Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar por unanimidade o premio a Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz publicado por Edicións Xerais de Galicia. O xurado apuntou como razóns para premiar esta obra “a súa capacidade de enfiar cine e literatura na arquitectura da novela, unha das marcas poéticas do autor; o tratar problemas da sociedade de hoxe que levan á invisibilidade dos excluídos, aínda que a historia se sitúe nunha etapa anterior á crise; o facelo con humor, fina ironía e unha ollada atenta aos problemas profundos da nosa sociedade; e, por último, pola súa mensaxe final que, malia as denuncias, está cargada de optimismo e esperanza nun futuro mellor.
– O xurado da modalidade de Investigación, formado por Jorge Mira Pérez, Xosé Manuel Beiras Torrado (que desculpou a súa ausencia), Mercedes Brea López, María del Mar Lorenzo Moledo, Ricardo Garcia Mira, José María Barja e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretaría, acordou outorgar por unanimidade o premio á edición de Regreso a Compostela de Edith Wharton preparada por Patricia Fra López editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago.
– O xurado da modalidade de Música, formado Rodrigo Romaní, Javier Otero Neira, Abe Rábade, Marión Sarmiento, Carlos Villanueva, Maximino Zumalave e Anxo Tarrio Varela, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio por unanimidade á Asociación Galega de Compositores.
– O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por por Manuel Rosales, Iago Martínez, Anxos Sumai, Carme Vidal, María Xosé Porteiro, Germám Ermida e Xavier Senín, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio á Asociación O Sorriso de Daniel.
– O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado Anxo Cabada, Suso Cubeiro, Álvaro de la Vega, Iñaki Martínez Antelo, Asunta Rodríguez, Teresa Táboas e Charo Portela, que actuou como secretaria, acordou tras recoñecer todas as propostas achegadas polos membros do xurado como de grande valor, outorgar por unanimidade o premio a Carmen Nogueira.
– O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado Isabel Blanco, Mariana Carballal, Miguel Anxo Fernández, Gustavo Pernas, Mamen Quintas, Xesús Ron e Inma López Silva, que actuou como secretaria, acordou por unanimidade outorgar o premio a Xosé Manuel Olveira “Pico”.
Vigo, 17 de novembro de 2012
Santiago: II Xornadas de Literatura e Ensino, Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá, o 9 e 10 de novembro
O
venres 9 e sábado 10 de novembro, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), (Rúa San Lázaro, 107) de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos, organiza as II Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o lema Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá.
O programa, que pode ser descargado aquí, é o seguinte:
Venres, 9 de novembro
– 16:30 h. Conferencia: Literatura digital e ensino criativo: a escrileitura como ferramenta de releitura crítica da tradição, por Rui Torres.
– 17:30 h. Mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti?, con Joseph Ghanime Lopes, Concha Costas, Miguel Ríos e María José Díaz Pinheiro.
– 19:00 h. Espectáculo poético: Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao.
Sábado 10 de novembro
– 10:00 h. Conferencia: Literatura infanto-xuvenil: unha clave literaria con función competencial normalizadora?, por Agustín Fernández Paz.
– 11:00 h. Conferencia: Celso Emilio Ferreiro no seu centenario: voz dun tempo e dunha terra, por Ramón Nicolás.
– 12:15 h. Mesa redonda: Xoga a literatura infanto-xuvenil na 1ª ou na 2ª división?, con Francisco Castro, Fina Casalderrey e María Reimóndez.
– 16:30 h. Mesa redonda: Coloca as túas mans sobre a poesía, con Ledicia Costas, Ángel Núñez Ramos e Dores Tembrás.
– 18:00 h. Espectáculo poético: A hostia en verso, con Lucía Aldao, Daniel Landesa, Lorena Souto, Xabier Xil Xardón, Ledicia Costas e o músico Mig Seoane.
A entrada é de balde.
Os Premios da Crítica Galicia 2012 ditaminaranse o sábado 17 de novembro
O
ditame dos xurados desta 35ª edición dos Premios da Crítica Galicia será coñecido o sábado 17 de novembro de 2012 no decurso dunha cea que se celebrará en Vigo, no Hotel Os Escudos, a partir das 20:30 horas. A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou xa os membros dos xurados de cada unha das modalidades, Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.
O xurado da modalidade Creación Literaria está composto por Ana Romaní (escritora, gañadora da edición 2011 de Creación Literaria), Fina Casalderrey (escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil), Olivia Rodríguez González (profesora da UDC, Sección de Crítica da AELG), Xavier Lama (escritor e xornalista), Isabel Mociño González (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesora da UDV), Luciano Rodríguez (profesor da UDC), e Blanca-Ana Roig Rechou (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).
Entrevista a Fina Casalderrey no Faro de Vigo
“O
xoves 11 de outubro no Faro da Cultura do Faro de Vigo atopamos unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Fina Casalderrey arredor do seu libro Dúas letras, que inclúe o DVD coa película do mesmo título. Podes lela aquí.” Desde Galaxia.
Manuscritos: Fina Casalderrey
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Pontevedra: presentación e proxección de Dúas Letras
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a proxección da película e presentación do libro Dúas Letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey. A entrada será de balde até completar aforo.
Chus Pato e Fina Casalderrey, candidatas a entrar na Real Academia Galega
“Chus Pato
e
Fina Casalderrey. Elas son as candidatas a entrar na Real Academia Galega (RAG) para ocupar a vacante de Xaime Isla Couto, segundo fontes da institución confirmaron a Praza. O pasado sábado celebrouse un plenario no que se pecharon as candidaturas e as dúas únicas propostas son as das citadas escritoras. Deste xeito, con toda probabilidade sentará unha muller máis no plenario da Rúa Tabernas. Os académicos terán que elixir en votación a unha delas para convertela en numeraria da institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. Desta maneira, o plenario da RAG composto por 30 cadeiras, aumentará a presenza feminina e chegará ao mesmo nivel de cinco mulleres co que se contaba en 2010, cando na institución estaban Rosario Álvarez, Margarita Ledo, Xohana Torres, Luz Pozo Garza e Olga Gallego. O falecemento da arquivista en setembro de 2010 reduciu esa presenza e reduciu o número a só catro académicas, unha cifra que non aumentou no proceso de renovación que afrontou a entidade encabeza por Ferrín ao longo de 2011 á hora de cubrir as vacantes que se foron sucedendo de Francisco Fernández del Riego e do xeógrafo Río Barja. Agora, coa próxima votación unha delas, Fina Casalderrey ou Chus Pato, entrarán con toda probabilidade na Real Academia Galega, se así o deciden os membros da institución. (…)” Desde Praza.
Parlamento das Letras: Fina Casalderrey
Entrevista
de Armando Requeixo a Fina Casalderrey, no seu blogue Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Fina Casalderrey (FC): Se soubese o que lles falta xa estaría a facer coma o home de negocios que atopou o Principiño no cuarto planeta que visitou. Sería eu quen me fixese dona das estrelas porque a ninguén se lle ocorrese antes. Non sei se sobran páxinas, autores…, pero estou certa de que aínda nos falta crer en nós mesmos sen agardar a que primeiro nos descubran fóra. Hai unha diglosia que vai máis alá do uso da lingua e que nos fai crer que todo o que nos vén de fóra é mellor por forza. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– FC: Un fervedoiro difícil de avaliar, pero un fervedoiro á fin. E iso antóllaseme estupendo!! Teñen que pasar anos para que todo o que agora se move, fai ruído ou abalea, apousente e ver que queda. E aínda así, pode haber valiosas ausencias. Cantas veces pasan décadas ata que se rescata unha obra mestra que no seu día foi ignorada? E outras intúo que aínda seguen a agardar. Hai xente nova que escribe sen complexos, sen vivencias persoais de ventás cegas ao coñecemento do noso, sen que os séculos de silencio e escuridade os habiten, porque non formaron parte do seu presente, que leron en galego e que saben de nós mesmos dende o comezo dos seus días… e a min paréceme xenial. (…)”
Santiago: actividades literarias do 24 de xullo no Festigal 2012
Na
Galería das Letras do Festigal 2012, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, desenvolveranse as seguintes actividades literarias o martes 24 de xullo:
– 17:00 h. No Café Concerto, presentación de Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicado en Galaxia.
– 17:15 h. Presentación do libro Por uma democracia radical, publicado en Estaleiro editora.
– 17:45 h. Presentación de: Proel e O Galo de Amado Carvalho e Folhas Novas de Rosalia, da coleção Clássicos da Galiza da Academia Galega da Língua Portuguesa.
– 18:30 h. Presentación de Dezaoito, antoloxía de poetas galegos e portugueses publicada por Penúltimo Acto. Terá lugar un recital poético coa participación de Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría e Rosanegra.
– 19:15 h. Presentación do libro A rota do sol, de Camilo Nogueira, publicado en Laiovento. Falarán: Xabier Macias, Ana Miranda e o propio autor.
– 20:00 h. Presentación da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Pablo Vaamonde, Che Turnes e Manuel Bragado.
– 20:45 h. Presentación do libro Carné de identidade, de Mahmud Darwix, publicado en Barbantesa.
– 21:30 h. Presentación do libro Mordida, de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora.
– 22:00 h. Presentación de Nântia e a cabrita d’ouro, de Concha Rousia.
– 22:00 h. No Café Concerto, Aid presenta o libro-disco Rapoemas, editado en Galaxia.

