Desde Cultura Galega:
“Small Stations Press e a Xunta de Galicia acaban de presentar ao público a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas, de Rosalía de Castro. New Leaves ve a luz nunha tradución da poeta canadense Erín Moure, que xa se encargara de trasladar Cantares gallegos, no marco da colección “Galician Classics”. O lanzamento súmase a outros títulos xa integrados nesta colección, como son Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma de Lois Pereiro, Nimbos, de Díaz Castro e Cantares gallegos, da propia Rosalía. Con anterioridade a esta edición, a editorial viguesa Trymar presentara en 2014 unha versión bilingüe inglés-galego desta mesma obra, con tradución de Xosé Carlos Morell. Do mesmo xeito, diferentes poemas do libro viran a luz na lingua de Shakespeare en distintas antoloxías e artigos.”
Arquivos da etiqueta: Follas Novas
Anxo Angueira: “Rosalía é veciña de Novalis e Hölderlin
Pontevedra: actos destacados do martes 5 e mércores 6 na Feira do Libro
O martes 5 de abril comeza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
Martes 5:
– 19:00 h. Pregón a cargo de Alberto Fortes, quen ao remate asinará exemplares de O dobrón de a oito, publicado por Xerais.
Mércores 6:
– 18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.
– 19:00 h. Presentación de Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicado por Xerais, en edición de Anxo Angueira. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Anxo Angueira: “Sempre se vai poder dicir algo novo de Rosalía de Castro”
Taboleiro do libro galego XLII (marzo de 2016), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Unha nova entrega do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás trece librarías colaboradoras: Andel, Casa do Libro, Libros para Soñar, Cartabón e Librouro de Vigo; Miranda de Bueu; Biblos de Betanzos; Trama de Lugo; Suévia e Moito Conto da Coruña; Pedreira e Lila de Lilith de Compostela e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).
NARRATIVA
1º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
2º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
3º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
4º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
5º-. Manuel Portas, Lourenço, Xograr, Galaxia.
6º-. Alberto Fortes, O dobrón de a oito, Xerais.
7º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
8º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.
9º-. Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, Xerais.
10º-. Manuel Iglesias Turnes, Que non te aten, Xerais.
POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Rosalía de Castro, Follas novas, Xerais (edición de Anxo Angueira).
3º-. Ismael Ramos, Os fillos da fame, Xerais.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Manuel María, Terra Chá, Fundación Manuel María.
6º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
7º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
8º-. Paco Souto, e Caín, Laiovento.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
2º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
3º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.
4º-. Mercedes Queixas, De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, Xerais.
5º-. Carlos L. Bernárdez, Un pintor que sabía o que facía, Laiovento.
XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
3º-. Antonio Manuel Fraga, Tártarus, Xerais.
4º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Estíbaliz Espinosa, Caer de cu polo universo, Apiario.
4º-. Érica Esmorís, Nena e o mar, Xerais.
5º-. Mariana Ruiz, A viaxe de mamá, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
3º-. Margarita Ledo, Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, Nós Produtora Cinematográfica Galega.
4º-. Pirilampo, Teatro de Guiñol, Galaxia.
5º-. As Maimiñas, Unha viaxe polo mundo, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.”
Anxo Angueira: “Con Follas Novas, Rosalía entra na alta poesía europea”
A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.
Cangas: conferencia-presentación de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro
O mércores 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar una conferencia de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicada en Xerais. O acto está coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura do Concello de Cangas.
Betanzos: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
Entrevista a Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, é entrevistado arredor da súa edición de Follas novas. A entrevista pode verse aquí.”