O
venres 27 de setembro, de 18:00 a 19:30 (hora local), na Mid-Manhattan Library de Nova York, terá lugar o coloquio Tres autores, un mundo, coa participación de Francisco Álvarez-Koki, Jacqueline Donado e Teresa Nasarre Abizanda, cuxas obras están relacionadas coa cidade estadounidense.
Arquivos da etiqueta: Francisco Álvarez-Koki
Vivir un soño repetido. Libro homenaxe da AELG a Lois Pereiro
Co
n motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco Castro, Marta Dacosta, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Salvador García-Bodaño, Álvaro Lago, María Xosé Lamas, Rafael Lema, Siro López, Lourdes Maceiras, Tati Mancebo, Verónica Martínez Delgado, Rosa Méndez Fonte, Carlos Negro, Lucía Novas, Toño Núñez, Olga Patiño, Claudio Pato, Ana María Pérez Cerviño, David Pobra, Xavier Queipo, Baldo Ramos, Mario Regueira, Cesáreo Sánchez, Xavier Seoane, Chelo Suárez, Alberte Suras, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, Xosé Vázquez Pintor e Helena Villar.
As colaboracións, inéditas e orixinais, responden a un duplo formato:
* Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (incluíndo versións elaboradas)
* Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.
Da conxunción de todas as achegas nace este libro electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel no apartado de publicacións da web da AELG.
Para visualizar o libro no computador recomendamos o software gratuíto Calibre, que se pode descargar aquí.
Reseñado en Culturagalega.org e Fervenzas Literarias.
Presentación en Compostela de “Ratas en Manhattan”, de Francisco Álvarez
O martes 11 de setembro, ás 20:00 horas, presentarase a obra Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez. Será na Livraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes). Ademais do autor do libro intervirán Ánxela Gracián (directora da colección e escritora) e Olegario Sotelo Blanco (editor).
Presentación n’ A Guarda de “Ratas en Manhattan”, de Francisco Álvarez-Koki
O libro de relatos Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez-Koki (Sotelo Blanco Edicións) será presentado o 30 de agosto ás 19:00 horas na casa da cultura d’ A Guarda. Falarán do libro Ánxela Gracián, Ramón Caride e o propio autor.