Arquivos da etiqueta: Francisco Castro
Carballo: actividades destacadas do 12 de xullo na Praza dos Libros 2019
Continúa
a edición de 2019 da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o 12 de xullo, destacamos os seguintes:
– 12:00 h. Presentación do libro Cociñando con bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz, publicado por Xerais, e obradoiro posterior (prazas limitadas).
– 18:30 h. Concerto-presentación de Canta miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas e A casa do terror, de Xoán Curiel, publicados por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación de Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais. Presenta Rosalía Fernández Rial.
– 21:00 h. Presentación de Unha historia da música en Galicia, de Fernando Fernández Rego, publicado por Galaxia. Acompaña ao autor Francisco Castro. Tamén participan os músicos Juanjo Vales e Andrés Rey.
Compostela: presentación de Minutos para medianoite, de Ramón Neto e Xavier Queipo
Vigo: presentación de A foresta e as árbores
Pontevedra: Festa dos Libros 2019
Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Desde
Galaxia:
“Reunido nas dependencias municipais da Pobra do Caramiñal a mañá do 3 de xullo de 2019, un xurado composto pola escritora Patricia Mallo, a vogal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por unanimidade declarar gañadora do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a obra O enigma do baúl pechado de Xosé A. Neira Cruz.
O xurado destaca a fermosura da linguaxe poética empregada polo autor, malia tratarse a temática dunha cuestión dura e difícil como son as dificultades que moitas veces teñen as persoas inmigrantes para se integrar entre nós, tanto dende o punto de vista social como cultural. Ao tempo, o libro destaca por abordar a trama dende unha proposta que se achega ao realismo marabilloso que entronca perfectamente coa vella e fecunda tradición literaria que vén dende Cunqueiro ata os nosos días. Finalmente, salienta a habilidade narrativa para ter pendente ao lector ou á lectora durante todo o libro ao redor dun baúl e o enigma que agocha. O xurado coida que é un libro que pode servir, tamén, para sensibilizar ás lectoras e lectores sobre a importancia da defensa da igualdade e a loita contra dos prexuízos.”
Compostela: presentación de Camiño de paixóns, de Carlos Meixide
Compostela: presentación de Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira
O Porriño: entrega do II Premio Roberto Vidal Bolaño
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 28 de xuño
O
28 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Concerto de presentación de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 18:00 h. José Julio asina O cirrio e o dron na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:15 h. Presentación de A casa do paralelo 54 de Iria Collazo, publicado por Galaxia. Acompañarán á autora a poeta Tamara Andrés e Francisco Castro.
– 20:00 h. Presentación de Aprende Banda Deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, publicado por Xerais. Ao remate, sinatura de exemplares na caseta da secretaría.
– 20:00 h. Diego Giráldez estará asinando exemplares de Hotel para coleccionistas discretos, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Mendinho.







