


Inscrición aquí.
Arquivos da etiqueta: Goretti Sanmartín
Compostela: debate e coloquio Por unha lingua de calidade
Compostela: XXIV Xornadas de Lingua e Literatura
Compostela: mesa redonda A obra de Afonso R. Castelao, nos actos de apoio a ILP Castelao
Compostela: presentación de Modelos de lingua e compromiso
Xosé Manuel Sánchez Rei: “Parece que o galego é a única lingua do mundo que non ten dereito a un estándar culto”
Entrevista
de Montse Dopico a Xosé Manuel Sánchez Rei en Praza:
“O profesor titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei é o coordinador do libro Modelos de lingua e compromiso (Baía Edicións), que se presenta na Libraría Pedreira de Compostela o vindeiro 14 de abril. A obra dá acubillo a traballos realizados polos profesoras e profesores da Facultade de Filoloxía da UdC Goretti Sanmartín, Laura Tato, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da Universidade coruñesa. Na publicación, os expertos defenden que “dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua”.
– Praza (P): Hai compromiso dabondo pola calidade da lingua galega?
– Xosé Manuel Sánchez Rei (XMSR): Non se lle pode pedir o mesmo a unha persoa que non puido falar galego ou a quen lle foi prohibido ou que non tivo acceso a el que a un profesor da Universidade ou un profesor de ensino medio… Ou mesmo aos políticos, que teñen entre unha das súas principais encomendas, segundo o Estatuto, a de velaren pola saúde, calidade e proxección social da lingua. Pensamos que hai que facer ver que as autoridades políticas, académicas e instucionais teñen un primeiro grao de responsabilidade en que a lingua se promocione cunha certa calidade lingüística. Non coñezo ningún país normal no noso ámbito onde os poderes políticos ou académicos fagan gabanza de que non falan ben o seu idioma ou de que o falan mal. E tampouco coñezo ningunha serie de televisión neses países onde os propios personaxes fagan un uso inadecuado da lingua, como pasa aquí con programas como A Casa da Conexa, que é un verdadeiro esperpento para o galego. Hai dous niveis: a responsabilidade que teñen os políticos e os poderes públicos e logo a sociedade, que debe, na medida do posible, empregar a lingua da mellor maneira posible. (…)
– P: Como pode desaparecer [a lingua galega]?
– XMSR: Pode desaparecer a través de dúas vías: a primeira a través da confluencia co español, porque se cada vez o galego é máis español e menos galego, acabará sendo un dialecto español con catro cousas folclóricas; e a segunda por substitución, cando en vez de galego se fale español. Conflúese tanto co español que hai veces que escoitamos algún político e temos dúbidas de en que lingua está a falar.
– P: Reivindica que hai que atender á tradición galego-portuguesa.
– XMSR: Son dos que pensa, como o resto de compañeiros que participan no libro, que o galego ten o mundo aberto grazas ao portugués. Non hai nada polo que desaproveitar esa tradición galego-portuguesa e xa dicía Dieste que unha palabra galega no medio do portugués é como unha pinga de auga no medio dunha cunca de auga. É o mesmo. Para ter unha lingua de calidade debemos acudir a esta tradición galego-portuguesa, que non está moi lonxe de como fala a nosa xente. Todos coñecemos xente que ten expresións totalmente galego-portuguesas, pero que se van utilizando cada vez menos. Debemos conectar con esa fala auténtica, popular e enxebre e defender esa unidade básica dialectal entre galego e portugués. É de tolos non aproveitar ese gran recurso. Xa o quererían para eles os cataláns! (…)”
A Coruña: XI Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Universidade, do 26 ao 28 de novembro
Un
ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa undécima edición.
O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Universidade.
– Días: 26, 27 e 28 de novembro de 2014.
– Lugar: sala do Consello de Goberno, Reitoría, A Maestranza (A Coruña).
– Prazo de inscrición ata o 21 de novembro. Pódese realizar aquí.
– Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.
– Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
Ciclo de conferencias Rosalía, Cantares gallegos e…
Compostela: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
xoves 19 de setembro 2013, ás 20:15 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei e Manuel Bragado.
Ramón Nicolás e Begoña Caamaño gañan o Premio Losada Diéguez
Desde
Sermos Galiza:
“Morgana en Esmelle (Galaxia), a segunda novela de Begoña Caamaño resultou gañadora do premio Antón Losada Diéguez na súa XXVIII edición canda Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais), de Ramón Nicolás na categoría de ensaio. Os premios convocados polos concellos de Boborás e O Carballiño, patrocinado pola Deputación de Ourense, valoran a mellor obra publicada entre as edicións co cal, por terceira vez a obra de Caamaño recoñécese como a mellor publicada en narrativa no pasado ano.
Un xurado composto por Euloxio Rodríguez Ruibal, Dolores Vilavedra, Francisco Luis Fariña Busto, Avelino García, Xosé Henrique Costas e Goretti Sanmartín decidiu premiar a novela de Begoña Caamaño pola “súa orixinalidade no tratamento dun tema de longa tradición, non só na literatura galega senón nas literaturas universais”. Segundo o xurado, a novela consigue “renovar a temática artúrica fuxindo de estereotipos e creando poderosas personaxes femininas. Por outra parte a obra combina un persoal estilo literario cun magnífico traballo lingüístico”. (…)”.







