Artigo de Ana Abelenda en La Voz de Galicia:
“A reflexión en torno á maternidade, a escolla de ter ou non ter fillos, é xa un relato central nas nosas letras. Hai desexo, conciencia, reflexión e debate. Elas aleitan outra forma de rebeldía. (…)
Ser nai ou non ser nai é a cuestión, é cuestión candente na literatura. Como muro para conter a forza das novas propostas en torno a ela, resiste ben armado o canon dun sistema que mira para outro lado ou observa, ollos mouchos, como se afonda no discurso. Elas seguen no seu, creando, desbotando o canon.
Nos últimos anos, a maternidade botou a andar pasiño a paso cara ao centro do relato, a defender o seu oco sen ollarse no espello doutros, sen temer a represalia, sen pedir permiso. Ese lugar é un útero, que se dilata e dá vida a unha diversidade de fillas, visións sobre a muller en relación coa súa liberdade, co embarazo, o parto e a crianza, dende a descuberta á fin de que a realidade supera toda ficción herdada e os ditames ata a reflexión sobre novas formas de crianza ou a decisión de non traer fillos ao mundo.
As nais e as non nais non se perden no backstage literario, saen ao encontro, cunha literatura diversa. Só para nais e non nais, de mulleres? Non debera… (…)”
Arquivos da etiqueta: Inma López Silva
Compostela: Ciclo “Literarias Todas” Novas voces, éxitos eternos: os premios nacionais levan nome de muller (Parte II), o 15 de setembro
Compostela: Xornada Roberto Vidal Bolaño. Fálanos sempre
Vídeo da presentación en Vigo de Clepsidras, de Inma López Silva
Inma López Silva: “A miña pulsión é narrativa, pero agora precisaba contar doutro xeito”
Entrevista a Inma López Silva no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Clepsidras. Este libro é o primeiro poemario dunha autora á que coñecemos por outros xéneros como a novela ou o ensaio. Así asistimos á inmersión inesperada de Inma López Silva na poesía. A entrevista pode verse aquí.”