Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo

Desde a Xunta de Galicia:
“O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
– Letras. Manuel Lourenzo.
– Artes Visuais. Xosé María Pérez Barro.
– Artes Escénicas. Marta Pazos.
– Música. Joaquín Martínez.
– Audiovisual. Ficción Producións.
– Lingua. Julia Díaz.
– Patrimonio Cultural. Xosé Manuel González.
– Proxección exterior. Real Club Celta de Vigo.
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; Henrique Monteagudo, académico numerario, en representación da Real Academia Galega; Xosé Manuel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Maximino Zumalave, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes; así como profesionais de recoñecido prestixio, como Kirenia Martínez Acosta, xestora cultural, bailarina e coreógrafa; Lucía Carballeda Suárez, historiadora da arte e galerista; e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.”

Lugo: Ulysses. European Odyssey 2022-2024

Vídeo da mostra final do Laboratorio de Dramaturxia Posdramática II. Do corpo á palabra (maio de 2019)

O Laboratorio de Dramaturxia Posdramática II. Do corpo á palabra, impartido por Afonso Becerra de Becerreá, foi unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago.
A mostra final tivo lugar o 11 de maio no Centro Sociocultural Santa Marta de Santiago. Aquí pode verse o vídeo, que contou coa participación de Carlos Labraña, Teresa Moure; José Breijo Vidal, Iria Fernández Sobrado, Jorge García Marín, Kirenia Celia Martínez Acosta, Yelena Molina, Ana Rosa Pavón Grande, Deusa Pérez Goicoechea e Paula Sanmartín Juncal: