O
venres 3 e sábado 4 de xuño, ás 22:30 horas, e o domingo 5 ás 21:30 horas, no Teatro de Arte Livre (Rúa Vázquez Varela, 19) de Vigo, terá lugar a representación de Lorca e as flores de Venus, de Marga do Val e música de María Graña, nun texto libremente inspirado nas múltiples investigacións sobre a vida e obra de Federico García Lorca, e que será interpretado por Eisenhower Moreno.
Arquivos da etiqueta: Marga do Val (Marga Romero)
Santiago: actividades do martes 3 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do martes 3 son as seguintes:
– 18:00 h. Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
– 18:30 h. Presentación do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, publicado por Xerais. Intervirán no acto Xurxo Souto e o autor.
– 19:00 h. A escritora Mª José Viñas Tobío asinará exemplares dos eu libro El planeta Dragón, publicado por Editorial La Plana.
– 20:00 h. Presentación do libro de Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Premio da Crítica Española 2010), publicado por Espiral Maior. Participan no acto a propia autora, Anxos Sumai, Elias Torres Feijó e Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Premios AELG 2011
Estes
son
os gañadores/as dos Premios AELG 2011, fallados na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que premian as mellores obras editadas en 2010 nas modalidades de:
Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
Recollido en Xornal, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, La Opinión, A Nosa Terra, Xerais, Cultura Galega e Fervenzas Literarias.
Premios da Crítica 2010: Marga do Val e Víctor F. Freixanes
En representación da Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Laura Caveiro envíanos a noticia oficial sobre os galardoados deste ano en lingua galega:
Poesía: A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, poemario publicado en Edicións Espiral Maior en 2010. “Trátase dun poemario vital e reflexivo. A voz poética mergúllase en significativos episodios biográficos a xeito de particular educación sentimental”.
Narrativa: Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, novela publicada en Editorial Galaxia. “Parte do interesante artificio do cantar de cego a ofrece un estilo envolvente, compensado e denso”.
Laura Caveiro foi este ano a representante da Sección da Crítica Literaria enviada a Cáceres para propor os títulos galegos decididos oito días antes en Compostela.
Vía Crítica literaria. Tamén se recolle esta nova en Galicia Hoxe, Xornal, Cultura Galega e Galaxia.
Vigo: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducido por Marga do Val
O
venres 14 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Libraría Andel (Rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase a novela Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, traducida por Marga do Val, e publicada en Xerais. O acto contará coa participación da tradutora, acompañada de María Xosé Queizán, Valentín Arias e Fran Alonso.
Marga do Val: “A lingua é a pel coa que crecemos”
Entrevista a Marga do Val en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): A misión dunha poeta é retorcer a palabra? Por que as poetas viven en torres?
– Marga do Val (MdV): Vivo nunha torre realmente, son unha Rapunzel, mais o meu cabelo xa mo cortou a amiga naquel libro de poemas que escribimos Entre dunas, así que desde a torre só pretendo espallar palabras, retorcidas como a roupa antes de tender. Rapunzel non era princesa, despois casou cun príncipe… Pero eu non son monárquica. A torre é o espazo propio e privado desta poeta que (non) quere ser princesa, mais sabe moito dos contos de fadas e posúe os pantalóns de Valie Export.
– GH: Ti cres que a verdadeira patria é a lingua? Por que fas esta afirmación tan poética e verdadeira?
– MdV: É unha frase de homenaxe a Thomas Mann que levou a súa lingua-patria da que nunca claudicou ao exilio, unha homenaxe a Lois Tobío que coidou da súa lingua-patria no exilio. A miña lingua-patria. A lingua da miña segunda patria, por elección, como a de Lois Tobío: o alemán. Eu creo nas súas palabras e aprendín dos nosos maiores das Irmandades e de Nós que a lingua é o sinal de identidade dun pobo. Coa lingua soñamos, restauramos a memoria, proxectamos un futuro e loitamos contra un presente que nos é adverso. Coa lingua amamos e queremos, tamén nos amamos e nos queremos. A lingua é a pel coa que crecemos, a que nos envolve. Galiza, esa palabra que somos, deixará de ser se perde a súa pel: a lingua.
– GH: Sénteste mellor en Alemaña que en Galicia? Como reciben, entenden e aprecian alí o valor da literatura e lingua galega?
– MdV: Síntome ben en Alemaña e feliz. Fun lectora de lingua e literatura galega na Universidade de Tréveris, nun lectorado que agora xa non existe, mudou a xente, mudaron as vontades, e con isto quero dicir que o que cómpre é estabelecer lazos de unión fortes e verdadeiros, que non dependan da presenza nas universidades dun determinado profesor que cando lle toca debe xubilarse. Era fácil explicar literatura galega a quen tiña ollos e oídos atentos nun mundo que ollaba múltiple e con milleiros de culturas, así eran os meus e as miñas estudantes. Claro que eu explicaba desde a verdade e a crenza de que a patria é a lingua.”
A Coruña: presentación de A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val
O venres 17 de decembro, a partir as 20:00 h., no Salón de Actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de poemas A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Carme Fernández-Pérez Sanjulián.
Tui: presentación de A cidade sen roupa ao sol
O xoves 16 de decembro, a partir as 20:30 h., na Biblioteca Pública (Rúa Colón, 2) de Tui, preséntase o libro de poemas A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafael Sánchez Bargiela e Julián B. Baso, ilustador.
Ourense: Auria, actividades do día 13
Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o mércores 13 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda sobre La Bella Otero, unha galega novelesca, tras o encontro e sinatura de libros con Alberto Vázquez-Figueroa ás 17:00 h. Na mesa participan Aníbal C. Malvar, Marga do Val, Manuel Bragado e Miguel A. Fernández, coa moderación de Antonio Piñeiro.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Tui: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val
O martes 5 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Biblioteca Municipal de Tui a tradución ao galego da última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, Randea do alento, obra de Marga do Val, publicada recentemente en Xerais. No acto participará a propia tradutora, María Xosé Queizán, e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en Filoloxía xermánica.