Compostela: actividades literarias no Festigal 2025

Compostela: “Scripta manent: escritoras da filoloxía”

Compostela: Unha conversa sobre as interaccións entre a ciencia e a creatividade artística pon o colofón a Instrumentos de Visión, o 20 de setembro

A exposición Instrumentos de Visión, do artista Armin Linke, finaliza este sábado 21 de setembro a súa estadía na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, despois de superar as 40.000 visitas desde a súa apertura, o pasado 21 de xuño. No serán do venres 20, ás 20.00 horas, e como colofón á mostra, terá lugar na propia igrexa a conversa Lóxicas científicas e creatividades artísticas. Referencias e interaccións, na que se abordará a influencia das achegas da física de partículas á sociedade no relativo ás narrativas contemporáneas.
Neste encontro tomarán a palabra o director do IGFAE, Carlos Salgado, o escritor e crítico literario Mario Regueira, a psiquiatra Iria Veiga e a coordinadora da exposición, Natalia Poncela, que conducirá a conversa. Esta actividade está realizada en colaboración coa Asociación Galega da Crítica. A entrada será libre. Antes, o xoves 19, ás 19.00 horas, terá lugar a última das visitas guiadas á exposición. É preciso rexistro previo, que pode facerse a través da páxina web da exposición. Esta actividade realízase co apoio de Horta Coslada.
Instrumentos de Visión compila máis de 20 anos de traballo do fotógrafo e cineasta Armin Linke (Milán, 1966), a partir da observación das investigacións realizadas en grandes infraestruturas experimentais como o CERN, o Laboratori Nazionali di Gran Sasso (L’Aquila, Italia), ou o Institute for Quantum Optics and Quantum Information (IQOQI), de Innsbruck (Austria). Para esta ocasión, Armin Linke realizou unha serie de obras nas que se recolle o labor científico do persoal do IGFAE, presente nalgunha das máis importantes colaboracións científicas internacionais en física de partículas, como o experimento LHCb do CERN.
Este proxecto está comisariado por Mónica Bello (Santiago de Compostela, 1973), directora de Arts at CERN, o programa de arte desta organización científica, e conmemora a dobre efeméride do 25º aniversario do IGFAE e os 70 anos da fundación do CERN, a Organización Europea para a Investigación Nuclear. Enmárcase, ademais, na aposta realizada nos últimos anos polo ArtLab do IGFAE, co obxectivo de abrir novos espazos de conexión coa sociedade, contribuíndo ao diálogo entre a arte contemporánea e as diversas liñas de investigación do IGFAE. (…)

Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira (16 de xuño)

Aquí poden verse estas fotografías do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira, celebrado o pasado 16 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira (15 de xuño)

Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira, celebrado o pasado 15 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Compostela: actividades do 16 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)

Compostela: actividades do 15 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)