Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros para o sábado 24 e domingo 25

O domingo 25 de xuño finaliza a Festa dos Libros, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será, no sábado, de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h., e no domingo de 11:00 a 14:30 h e de 18:00 a 22:00 h. Os actos máis destacados para estes dous días son os seguintes:

Sábado 24
12:00 h. Luís Davila asina exemplares do Bichero.
12:30 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Galaxia. Acompañará ao autor Francisco Castro.
12:30 h. Xesús Constela asina exemplares de A rotura das paisaxes, publicado por Xerais, en Clip.
13:30 h. Sinatura de libros de Francisco Castro en Cronopios: Tes ata as 10 e Amor é unha palabra coma outra calquera.
19:00 h. Iria Collazo asina exemplares de A soidade das medusas. Paz.
20:00 h. Fran Alonso presenta Terraza, publicado por Xerais, nunha das terrazas da Ferrería.
20:00 h. Sinatura de Gogue: Floreano, publicado por Xerais, en Paz.

Domingo 25
12:00 h. Miriam Ferradáns. Nomes de fume. Paz.
12:00 h. Espectáculo infantil: Maimiñas: Volta, revolta e reviravolta. No Auditorio.
12:30 h. O vermú da poesía. María Xesús Nogueira. Presentación de Antoloxía da poesía galega próxima, libro coeditado por Chan da Pólvora e Papeles mínimos. Recitarán Lara Dopazo, Xabier Xil Xardón, Alicia Fernández, Jesús Castro, Berta Dávila, Antón Blanco e Oriana Méndez, acompañados polo editor Antón Lopo. Espazo Lector Nobel. Auditorio.
12:30 h. Salvador Rodríguez presenta Historias de galegos extraordinarios. Aviones de papel.
12:30 h. Diego Giráldez asina exemplares de Galería de saldos, publicado por Xerais. Cronopios.
12:30 h. Enrique Mauricio e Carlos Taboada: Periplo Atlántico, Un ronsel de ardora e Meiga Nova. Lela Edicións. Clip.
13:30 h. Juan Parcero: A fiestra aberta, Toxosoutos. Cronopios. Auditorio.
18:00 h. Loli Veloso: Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no corazón dos nosos nenos. Fundación da Medicina Xenómica. Clip.
19:00 h. Lecturas orgullosas. Eva Mejuto: 22 segundos, publicado por Xerais, e Carlos Callón con Amigos e sodomitas, publicado por Sotelo Blanco. Presenta Carmen Fouces. No Auditorio.
19:00 h. Inma López Silva presenta Aqueles días en que eramos malas (Galaxia). Cronopios.
19:00 h. Cristina Corral Soilán e Aurora Cascudo Román presentan De paseo con Helena, publicado por Embora. Paz.
20:00 h. Xosé Monteagudo: Todo canto fomos (Galaxia). Paz.
20:00 h. Sinatura de Eva Mejuto: 22 segundos, en Seijas.

Mondoñedo é Poesía 2017

Mondoñedo é Poesía 2017 chega á súa cuarta edición convocando, como nas edicións anteriores, a máis de dúas ducias de homes e mulleres, poetas e músicos, que recitarán e cantarán os seus poemas o día 1 de maio nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade.
Esta actividade enmárcase dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai xa 476 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

TENDAL DE POESÍA: “Paxaros na cabeza” [Auditorio Pascual Veiga]
Instalación de traballos coordenados polo profesorado con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro.
Horario de visitas: sábado, 29 de abril, e domingo, 30 de abril: de 17:30 a 21:30 horas. O luns, 1 de maio: de 17:30 ata 21:00 h.

OFRENDA-HOMENAXE A EDUARDO LENCE-SANTAR
Cemiterio Vello: Luns, 1 de maio, 17:00 h.
Loador: Armando Requeixo
Con motivo de cumprirse o 25 de abril o centenario do nomeamento de E. Lence-Santar como primeiro Cronista oficial de Mondoñedo.

MONDOÑEDO é POESÍA 2017
Luns, 1 de maio
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
17:30 h.: Praza da Concello
Daniel Irimia Yáñez, Montse González Álvarez, Marina Oural Villapol, Carmen Pavón Souto e Silvia García. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:00 h.: Praza da Catedral
Antón de Guizán, África Sánchez, Eva García González, Chema Merino e Silvia García Fernández. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:30 h.: Praza Jaime Cabot (ao lado do Auditorio Pascual Veiga)
Carmen Rodríguez Lage, Antón Fortes Torres e Iria Rivas. Poema musicado: Paloma Suanzes.
No Auditorio Municipal Pascual Veiga
De 19:00 a 20:30 h.-Recital poético-musical

Música: Paloma Suanzes.
Regueifas: Trioliro Regueifeiros (Luís “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas).
Poetas: Tamara Andrés Padín, Ana Vila Portomeñe, Xavier Rodríguez Baixeras, Eva Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás, Modesto Fraga, Marta Dacosta e Manuel Rivas.

Publicacións*
Papel de color. Publicación conmemorativa de MONDOÑEDO é POESÍA 2017 con deseño e ilustracións de Antón Caxoto e textos poéticos dos e das poetas e músicos participantes.
*Esta publicación entregarase gratuitamente aos asistentes ao final do recital poético-musical no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Organizan: Asociación As San Lucas e Colectivo Mondoñedo É …
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.
Colaboran: Concello de Mondoñedo, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo.

“Canibalismo amábel”, artigo de Rosa Enríquez

Artigo de Rosa Enríquez na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
Deshabitar a casa, o libro de poemas de Miriam Ferradáns (Bueu, 1982), que vén de levar o Premio Francisco Añón de Poesía, ábrese cuns versos do poeta cubano José Martí. Estes concretamente: “As verdades elementais/caben nunha á de colibrí”. Coido que os escolleu con moito tino, pois quen lea o libro poderá decatarse de que si, en efecto, os versos de Martí son un anticipo da trama poética que Ferradáns desenvolve neste traballo. Certamente, estamos ante un relato tenso e intenso no que a presencia dos paxaros é constante. É coma se estas aves traducisen unha inquietante teima interna, a da propia animalización que arrodea os habitantes desa casa. “Viñeron en grupos ben organizados e chamáronlle bandadas”, podemos ler xusto despois desa cita de Martí. Con este verso sitúanos, sen contemplacións, dentro da casa. Unha vez alí, recibimos con intranquilidade esa bandada. Mais, que bandada? A dos paxaros. Chegaron e invadiron todo, porque estaba aberta. Daquela, aclara, “Ninguén os puido acusar de invadir o noso espazo”. Evidentemente o conxunto entrou nese lugar libremente, sen oposición de ningún tipo. Esta maneira de entrar e trazar unha danza devastadora non sucede en todas as casas, só nas dos pobres. Por iso a voz de Miriam murmura entre paréntese, ao final dese poema, “Din que sempre están abertas as ventás das casas dos pobres”. Ata aquí, tan só as primeiras liñas deste relato poético desgarrador, que quere situarse no centro da ferida, coma quen vive en guerra co instinto e ofrece, por tanto, a crónica do fracaso, dun intento estéril de se sobrepór ao medo e vencer: “Ás veces escoitabamos o lobo/ e trababamos na lingua ata facernos sangue/ porque algúns fluídos impiden, no instante, a palabra:/ tragas ou esganas”. As persoas que habitan ese lugar en ruínas, saben dos lobos, dos paxaros, están preparadas. E ceden: “Viñeron todos contra nós e deixámonos comer”. Entregan o que son: a súa liberdade. Estamos ante un relato tenso, insisto, que sitúa a escrita de Miriam nun punto singular e atraente: na narratividade poética, a golpe de disparos. Non hai explicacións minuciosas, nin xogos de palabras. Nada. Só a sinxeleza, a capacidade de nos saber tensar e poñer en xaque. Non temos moi claro se se trata de licántropos -aparece a figura do lobo, no papel que lle é propio ao longo da literatura, se cadra inxustamente- ou de paxaros mordedores, tampouco temos moi claro, nunha primeira lectura, se eses paxaros representan o conxunto de persoas que criminaliza a pobreza ou simplemente os comedores ávidos de miseria, que, na súa mediocridade, buscan matar para ser. Non temos nin idea, porque Miriam simplemente lanza versos, bótaos no papel, suxire. É esta suxerencia a que dispensa ese carácter seductor ao que escribe. A autora narra poemas, poetiza contos, escribe e describe, constrúe imaxes en branco e negro para nos amosar a grisalla. É clara, directa, renuncia as trampas da linguaxe. Sen esforzo nin dobrez consegue ubicarnos dentro dese espazo estraño, de ventás abertas, no medio dunha situación cruenta. “Foi un canibalismo amábel, como amar/e como amar,/ había premeditación na dentada”. Puidese ser que a fame, como amar, fose quen de incitar ao devandito canibalismo, que, en certo xeito, devén neste relato poético unha urxencia. Quen come a vida allea, que asume esa condición de alimento útil, sobrevive. (…)”

Pontevedra: encontro con Emma Pedreira arredor de Corazón e demais tripas

O venres 24 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29), en Pontevedra, terá lugar un encontro coa escritora e poeta Emma Pedreira arredor do libro Corazón e demais tripas, Premio Literatura Erótica 2016 Narrativas Quentes de Edicións Positivas. A autora conversará con Míriam Ferradáns desta obra de relatos curtos onde a temática sexual vertebra todo a través dunha lingua cercana e chea de humor.

Danse a coñecer as obras gañadoras do V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Desde Crónica3:
“Miriam Ferradáns Ferradás, natural de Bueu (Pontevedra), álzase como gañadora da V edición do Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten por título De tacto.
O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada Regreso a Ítaca, da que é autor, Modesto Carlos Fraga Moure, de Fisterra.
Xosé Antón Fortes Torres acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra Ofelia sen dó. Xosé Antón Fortes é de Sarria.
A entrega do premio terá lugar o sábado 7 de xaneiro de 2017, segundo o seguinte programa:
– 12:00 horas. Recepción oficial na Casa do Concello.
– 12:15 horas. Ofrenda floral ante a tumba do poeta Leiras Pulpeiro.
– 12:45 horas. Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.”

Coñécense as obras gañadoras do XXX Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, de Cornellà

“Oanxo-angueira-fai-publico-o-veredicto sábado 26 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro 2016, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) que este ano acada a súa XXX edición.
O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, no Centro Cultural García Nieto de Cornellà, do libro Follas Novas de Rosalía de Castro, unha edición crítica, que inclúe notas e comentarios de Anxo Angueira sobre o texto rosaliano. Como nos ten acostumados, Anxo Angueira volveu darnos unha lección maxistral dos textos de Rosalía en Follas Novas, coa súa narración e explicación.
Pola noite, e no transcurso dunha cea celebrada nas dependencias da entidade, coa presenza do presidente da Asociación, Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornellà e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, Anxo Angueira Viturro (Presidente da Fundación Rosalía de Castro) e composto polo vicepresidente Henrique Fernández Sánchez (presidente fundador do Certame, e poeta), vogais, Carmen Penim (profesora e cantante), Xulio Simón (profesor), Xosé Lamela (escritor) e como secretario o profesor Xulio Cougil Vázquez, deu a coñecer aos gañadores deste ano 2016 na súa 30 edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, que foron os seguintes:

– Primeiro premio: Javier Rouco Ferreiro, da Coruña, polo seu poema titulado A escrita da Luz.
– Segundo premio: Miriam Ferradáns Ferradás, de Bueu, polo poema Situarémonos fronte ao frío, berrando.
– Terceiro premio: Modesto Fraga Moure, de Arteixo, polo seu traballo Éxodo.”

Entrevista a Míriam Ferradáns no Diario Cultural

Desdemiriam-ferradans o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Os nomes do fume son eses nomes que nos obriga a tribu a facelos desaparecer, porque desaparece a persoa que os leva e se converten en palabras tabú”. Miriam Ferradáns fálanos do libro co que gañou o Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Pode accederse á entrevista aquí.”