Arquivos da etiqueta: Oriana Méndez
A Coruña: Oriana Méndez no ciclo Escrita(s)
Partindo da noción de “identidades relacionais”, a poeta e filóloga Oriana Méndez tratará de caracterizar a estrutura da blogosfera e provocar, así, a conversa sobre as capacidades que estas redes sociais (blogs) posúen á hora de repercutir ou influenciar no ámbito do pensamento e da acción política. É a blogosfera un novo espazo público ou unha extensión do que xa existía? É unha refundación da Democracia? Esas serán algunhas das preguntas sobre as cales reflexionar nesta sesión do ciclo Escrita(s) baixo o título A blogosfera e a pluriarquia. Que posibilidades?, na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), hoxe xoves 28 de maio a partir das 20 horas.
Festival de poesía “Poetas na rúa”
O próximo 16 de setembro, domingo, a partir das 18:30 horas, na praza de San Roque, en Combarro (Poio), celebrarase a VI edición do Festival de poesía “Poetas na rúa”. Os participantes deste ano, presentados por Rosa Aneiros, son: Iago Castro, Brais González, Oriana Méndez, Silvia Penas, Óscar Antón Pérez, Elvira Riveiro, Xabier Xil Xardón e Isaac Xubín (todos/as eles/as poetas pertencentes ás Redes Escarlata). A música estar á a cargo de Tino Baz.