Arquivos da etiqueta: Pilar García Negro
A Coruña: Pilar García Negro presenta Arredor de Castelao no século XXI
Carnota: presentación de Arredor de Castelao no século XXI, de Pilar García Negro
O sábado 8 de febreiro, ás 18:30 horas, no Tinglado (Capelán, 14, Carnota), Pilar García Negro presenta Arredor de Castelao no século XXI, publicado por Laiovento.
A Coruña: presentación de Arredor de Castelao no século XXI, de Pilar García Negro, o 3 de febreiro
Betanzos: presentación de Arredor de Castelao no século XXI, de Pilar García Negro
Lugo: presentación de Arredor de Castelao no século XXI, de Pilar García Negro
María Pilar García Negro, A Banda da Loba e Manuel Gago, entre os galardoados na cuarta edición dos Premios Alfredo Iglesias
Desde Nós Diario:
“O Hotel Congreso de Teo (comarca de Compostela) acollerá o vindeiro día 16 de xaneiro a entrega da cuarta edición dos Premios Alfredo Iglesias, que recoñecen o labor cultural e o compromiso social. Estes galardóns, que impulsa o teense Álex Regueiro en lembranza do creador ourensán Alfredo Iglesias, buscan afondar “nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción”, así como “o compromiso social”.
Seguindo estas premisas, nesta edición figuran gañadoras como María Pilar García Negro, na Escrita; A Banda da Loba, en Música; Manuel Gago, en Acción Patrimonial; ou Avelino González, como Comunicador.
Na sección de Moda, a gañadora foi Dolores Couceiro; Adegas Vía Romana foi a seleccionada na modalidade de Gastronomía; mentres que os Premios Mil Primaveras foron seleccionados como iniciativa en Promoción da Lingua.
Olalla Diéguez Boo gañou nesta cuarta edición o Premio Alfredo Iglesias de Ilustración; a Asociación Cultural A Mámoa, o de Acción Cultural; José Pereira Uzal, o de Ciencia; Ana Romero Masiá, o de Artes; Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, o de Acción Solidaria; Aspamite, o de Acción Social; Oli Xiráldez, o de Artesanía; Quintana Martelo, o de Traxectoria; e Moncho Díaz, integrante de Fuxan os Ventos, o Premio á Memoria.
A Artista Revelación desta edición dos Alfredo Iglesias é Hydn, e os Personaxes do Ano son nesta ocasión Víctor Manuel Oujo e Ángel Currás. (…)”
“A das mulleres galegas: unha historia distintiva”, por Pilar García Negro
Celanova: conferencia “Que é o que inaugura Rosalía de Castro?”, por Pilar García Negro
Crónica fotográfica da Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2024
A Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2024, actividade da AELG, contou co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2024 respectivamente a Camiño Noia Campos e Henrique Peón, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregáronse no marco da IX Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, que terá lugar o 18 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
No acto, conducido por Eva Teixeiro, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antonio Reigosa, quen lerá a laudatio de Camiño Noia Campos, e Pilar García Negro, quen lerá a laudatio de Henrique Peón Mosteiro, co acompañamento musical de Su Garrido Pombo e coa intervención de Celso Fernández Sanmartín.
Poden verse a continuación varias fotos do acto, podendo consultarse a crónica fotográfica completa aquí.