“O Diario Oficial publicou o venres 26 de outubro a listaxe de proxectos que se benefician das axudas para tradución da Consellaría de Cultura, que contaron nesta xeira cun total de 167.999 euros. A liña afecta tanto a versións en galego de obras foráneas (92.429 euros) como a traslación a outras linguas desde a nosa (75.565 euros). Á hora de publicar novas obras para o galego, destaca a contía acadada por Editorial Danu, que con 41.180 euros de axuda verterá para a nosa lingua obras clásicas como Utopía de Tomás Moro, A través do espello de Lewis Carroll, de Pessoa ou traballos de Dostoievski, Pushkin ou Joyce entre outros. Tamén aposta por Joyce a editorial Galaxia, que lanzará a versión na nosa lingua do celebérrimo Ulises, ademais de publicar Mr. Gwyn, novo título de Alessandro Baricco ou A cea, de Herman Koch. Desde Positivas veremos as Iluminacións de Rimbaud mentres Urco Editora achegará un bo feixe de traducións de Lovecraft entre os seus lanzamentos.
No campo da tradución desde o galego destaca a aposta de Rinoceronte editora, que con 24.676 euros levará ao castelán dez obras de autores como Eva Moreda, Diego Ameixeiras ou Fran Alonso entre outros, ademais de abordar traducións para alemán, italano, xaponés e catalán. Galaxia aposta tamén por autores actuais para a exportación, e incorpora obras de Riveiro Coello, Begoña Caamaño e Xulia Alonso no seu catálogo en castelán. Destaca como curiosidade na listaxe as versións en búlgaro que Small Stations Press propón da Poesía completa de Lois Pereiro e de Aire negro de Agustín Fernández Paz.” Desde Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Rinoceronte Editora
Cangas: inauguración da Libraría Café Rinoceronte Editora
O v
enres 10 de agosto, a partir das 19:00 horas, na Avenida de Bueu, 15, de Cangas do Morrazo, inaugúrase a Libraría Café de Rinoceronte Editora. Os asistentes serán agasallados cun viño e poderán follear a totalidade da produción realizada nestes 6 anos pola editora e os seus selos Morgante e Pulp Books.
Coñécense os finalistas do Premio Arcebispo San Clemente
“O 18º Premio Literario Arcebispo San Clemente, que fallan os alumnos de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e doutros catro centros de Galicia, xa conta con finalistas nas tres modalidades de novela galega, en castelán e estranxeira. En lingua galega as obras finalistas son: A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda; O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos; e Extramunde, de Xavier Queipo -as tres editadas por Xerais-. As finalistas en lingua castelá son: Caligrafía de los sueños, de Juan Marsé (Lumen); El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez (Alfaguara); e Deseos, de Marina Mayoral (Alfaguara). En lingua estranxeira: Sete anos, de Peter Stamm (Cantil); O mapa e o territorio, de Michel Houellebecq (Anagrama); e Purga, de Sofi Oksanen (Rinoceronte). A entrega dos premios aos gañadores da anterior edición (Xulia Alonso, Eduardo Mendoza e Colm Tóibín) terá lugar o 22 de marzo.” Vía La Voz de Galicia.
Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2011
“Tras
un mes de votacións temos, un ano máis, os resultados cos que as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron foi o mellor do 2011. En total, este ano recibimos 471 enquisas. Desde Fervenzas Literarias queremos agradecer a vosa participación e o voso interese, porque estes premios, aínda que polo de agora só sexan de carácter simbólico, queren reflectir a voz dos lectores e das lectoras galegas. A voz dos que somos receptores e consumidores dos libros que @s escritor@s e editoriais poñen nas librarías e nas bibliotecas. E agora os resultados e os nosos parabéns aos premiados…
– Mellor libro de Narrativa de adultos para Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz (Xerais).
– Mellor libro de Poesía para Poesía completa, de Lois Pereiro (Xerais).
– Mellor libro de Ensaio e Investigación para Amigos e sodomitas, de Carlos Callón (Sotelo Blanco).
– Mellor libro de Literatura dramática para o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de varios autores (Xerais).
– Mellor libro traducido ao galego para adultos para O libro negro, de Orhan Pamuk (Galaxia).
– Mellor libro xuvenil para Febre, de Héctor Carré (Xerais).
– Mellor libro infantil para O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (Xerais).
– Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Contos por teléfono, de Gianni Rodari e traducido por Carlos Acevedo (Kalandraka).
– Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
– Ilustrador do ano para Xosé Tomás.
– Mellor portada dun libro para adultos para Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias (Galaxia).
– Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa (Xerais).
– Mellor editorial do 2011 Rinoceronte editora.
– Mellor crítico/a do 2011 para Ramón Nicolás.
– Mellor iniciativa literaria do 2011 para o Culturgal.
– O mellor acontecido no 2011 para o Culturgal.
– O peor acontecido no 2011 son o peche de medios de comunicación.
– Mellor Libraría do 2011 para a libraría Couceiro.
– Mellor medio de comunicación do 2011 para o Diario Cultural da CRTVG.
– Mellor blog do 2011 para Brétemas de Manuel Bragado.”
Rinoceronte presenta Papilosante, a súa plataforma de autoedición
“Rinoceronte Editora
incorpora aos seus servizos Papilosante, unha nova plataforma de autoedición que ofrece como novidade o feito de incluír os seus títulos nunha colección definida dentro dun selo editorial xa existente, Edicións Morgante. Ademais, Papilosante maqueta os libros de forma profesional e permite comercializalos por medio das canles convencionais de difusión dun libro: as librerías, a través dun servizo de envío de novidades. Con el, os lectores interesados nun destes libros poden pedilo en calquera librería galega ou, se non o teñen nese momento, encargalo. Na propia web de Papilosante os futuros autores poden calcular aproximadamente canto lles pode custar a edición do seu libro.” Vía Fervenzas Literarias.
A tradución ao galego de Beowulf gaña por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos
“A
tradución da obra Beowulf ao galego, elaborada por un profesor da Universidade de Vigo, e publicada por Rinoceronte, gañou por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos. De feito, esta é a primeira ocasión que o organismo outorga o seu galardón nacional a unha obra nunha lingua do país distinta do español. A versión galega do clásico da literatura medieval Beowulf foi realizada polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, Jorge Luís Bueno, quen a traduciu do inglés antigo. Co seu premio –que ten 25 anos de existencia–, a Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos ten o obxectivo de promover a tradución e estimular aos tradutores que, sen ser profesionais, realicen unha obra de certa envergadura, caracterizada pola seriedade, o rigor científico e a calidade literaria.” Vía Galicia Hoxe.
‘Ambiciosas novidades marcan o panorama editorial este outono’
“As editoras comezan a desvelar as súas cartas para o que resta do ano, con propostas ambiciosas. Deste xeito, Xerais anuncia a vindeira apertura da Biblioteca Dixital Xerais, unha tenda on line que permitirá o acceso de balde a material descatalogado e a ebooks, dos cales a firma adianta o lanzamento de 5 títulos. Canda a isto, os diccionarios xurídico e de primaria, así como un volume dedicado á xeografía de Galicia son as grandes apostas en obras de referencia. A nivel literario, sairá unha compilación de todos os relatos de Manuel Rivas, así como novidades de Agustín Fernández Paz, Fran Alonso, Pere Tobaruela, Luís Rei Núñez, María Xosé Queizán e Xavier Queipo entre outros. Desde Galaxia, pola súa banda, anuncian as novas propostas de Antón Riveiro Coello e Bieito Iglesias como autores galegos. A nivel de tradución, esta editora continuará a edición de 1Q84 de Haruki Murakami, e lanzará A verdade sobre Marie, de Jean-Philippe Toussaint, e C, de Tom McCarthy. Tamén Xerais incrementa o seu catálogo de títulos foráneaos coa segunda novela de Cornelia Funke. Detéctase tamén un maior interese das editoras tradicionais pola banda deseñada. Rinoceronte abre con Persépole, de Marjane Satrapi, a súa liña de BD, e Galaxia inicia unha serie de novela gráfica con Nómades, unha obra de Xosé Tomás. De novo Rinoceronte aposta por formatos anovadores coa presentación dunha colección de audiolibros en formato CD, con títulos como Seda de Alessandro Baricco ou A casa de Mango Street de Sandra Cisneros”. Vía Cultura Galega.
A Coruña: actividades literarias no Achegarte 2011
Xa se fixo público
programa de actividades do Achegarte 2011, que se desenvolverá no Palexco da Coruña con estes horarios:
Sábado 2 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 22:00 h.
Domingo 3 de abril: de 11:30 h. a 14:30 h., e de 16:30 h. a 21:00 h.
Como xa sinalamos, a AELG terá unha presenza propia. O sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 h., diversos autores lerán a súa obra no stand da AELG, dentro da actividade Lecturas compartidas. Deixamos aquí as actividades literarias previstas, así como a programación completa: Programa Achegarte 2011.
– Obradoiros. Para os obradoiros o público pódese apuntar no Achegarte ou garantir a súa praza inscribíndose previamente nas Bibliotecas Municipais da Coruña:
* Sábado 2:
* 12:00 h. Obradoiro de escrita creativa e reciclaxe de camisetas.
* 13:00 h. Concurso Tinta de Lura: canto sabes de literatura?. (Agasallo de camisetas e libros aos gañadores).
* Domingo 3:
* 11:30 h. Creación de personaxes de banda deseñada. Kiko Dasilva.
* 12:30 h. Obradoiro de animación á lectura. Reverso.
– Presentacións:
* Sábado 2:
* 12:00 h. Entrega do premio Meiga Moira. Baía Edicións.
* 12:30 h. Presentación de Normal. Luís Caparrós, vicerrector da UDC.
* 13:00 h. Noente Paradise. Ugia Pedreira.
* 13:45 h. Presentación das novidades editoriais de Demo Editorial. Manel Cráneo.
* 17:00 h. 25 aniversario de O misterio das badaladas de Xabier P. DoCampo. Conversa de Óscar Sánchez e Manuel Bragado co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais.
* 17:30 h. Animación Abrapalabra!, con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia.
* 18:00 h. Presentación do Boletín da Real Academia Galega Xosé María Álvarez Blázquez, con Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Axeitos.
* 18:30 h. Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación, con Pilar García Negro. Laiovento.
* 19:30 h. Presentación de Meubook.
* 21:00 h. Colección de ensaio Supertextos. 2.0 Editora.
* Domingo 3:
* 11:30 h. Páxinas de Carricanta. Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L.
* 14:00 h. Lectura dramatizada de collage, de Esther f. carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto.
* 17:00 h. Planeta Mincha. Manel Cráneo.
* 17:30 h. Divírtete co paxaro Rodribico. Baía Edicións.
* 18:00 h. Presentación do programa E-ducando. AS-PG
* 18:30 h. Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo.
* 19:00 h. Antoloxías Poéticas Sonoras. Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Edicións do Cumio.
* 19:30 h. Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935, Federica Montseny. Trifolium. No acto participan Eliseo Fernández, Enrique Sánchez e Xan Arias.
* 20:30 h. Presentación de Señardade da luz: a obra poética de Manuel María, de Miguel Mato.
– Audiovisuais:
* Sábado 2:
* 18:00 h. Curtas de animación de OQO Editora: Corre corre, cabaciña; A princesa do Caurel; A bruxa regañadentes; Os sete cabritos e Un gato na árbore.
* 19:30 h. Entrega de premios e proxeccións Curtas para Rosalía. AS-PG.
* Domingo 3:
* 12:30 h. Proxección de Contra a morte. Documental sobre Lois Pereiro. IBCinema.
* 17:30 h. Pase promocional da película A casa da Luz (esta última no Teatro Rosalía [con convite]).
* 20:15 h. Presentación do guión de O divino ferrete. Reverso.
– Cara a cara. Dous creadores e un xornalista conversan sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso e o contexto da creación, os públicos, os medios, …
* Domingo 3: Alberto Ramos fala con Manuel Rivas e Mercedes Peón; Iolanda Casal fala con Uxía e Xurxo Souto.
– Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2:
* 16:30 h. Fundación Manuel María.
* 19:30 h. Presentación do selo Pulp Books. Rinoceronte.
* 20:00 h. Presentación da nova colección “Alcaián“. Urco Editora.
* 20:30 h. Casa de Manuel Antonio en Rianxo. Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.
* Domingo 3:
* 20:00 h. Presentación do programa E-ducando. AS-PG.
– Mesas de debate. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2:
* De 12:30 a 14:00 h. Situación do teatro infantil en Galiza.
* Domingo 3:
* De 12:30 a 14:00 h. A escrita de guión audiovisual en Galiza.
– Teatro.:
* Sábado 2:
* 12:30 h. Recital de poesía satírica galego portuguesa, por Celso Parada, do Teatro do Morcego.
– Encontros sectoriais. No Kiosko Alfonso:
* Sábado 2:
* De 11:30 a 14:00 h. Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Xestión e xestores culturais en Galiza.
* Domingo 3:
* De 11:30 a 14:00 h. Federación de Asociacións Galiza Cultura. Encontro Nacional de Asociacións Culturais.
– Chat ao vivo. Sala de audiovisuais:
* Domingo 3:
* De 19:15 a 20:00 h. Lino Braxe.
Pulp Books: Literatura galega pop traducida ao castelán
Cangas: presentación de Persépole, de Marjane Satrapi
O
martes 26 de outubro, ás 20:00 h., no marco do Salón de Banda Deseñada que se celebra na Capela do Hospital de Cangas, preséntase a tradución ao galego de Persépole, de Marjane Satrapi, título que abre a colección de novela gráfica de Rinoceronte Editora. O proxecto, que supón a entrada na BD do selo ubicado en Cangas, pretende publicar traducións á nosa lingua das principais obras da BD contemporánea internacional, coa intención de tirar seis títulos cada ano, tendo previsto seguir con Palestina e Safe Area Gorazde de Joe Sacco, ademais de Contrato con Deus de Will Eisner. A colección publicarase en formato de 17×24 centímetros e a branco e negro, procurando respectar, dentro deses límites o formato orixinal das obras.