Fingoi, Lugo: Polafía, Historias, rimas, cantos, contos…

O venres 29 de novembro, a partir das 18:30 horas, no Centro de Convivencia de Fingoi (Ronda de Fingoi, 72, entrada pola Rúa Aviación Española) de Lugo, terá lugar unha nova Polafía, baixo o título Historias, rimas, cantos, contos…, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, patrocinada pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, coa colaboración do Centro de Convivencia de Fingoi, a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo.
– Intervirán: Paco Martín (escritor), Toño Núñez (escritor e profesor), Dictino Rodríguez Lázare (exfutbolista), Isidoro Rodríguez (dinamizador da cultura popular), Marcelino Castro Pena (narrador), Isidro Novo (recitador).
– Celebraremos o 50 aniversario da publicación de Contos populares da provincia de Lugo, coa narración de varios contos a cargo de asistentes ao Obradoiro de narración oral da AELG.
– Intervencións musicais de: Agrupación Xeada, Pepa Yáñez e Branca Villares, Grupo de Pandeiretas da Asociación Cultural Son de Cores (Becerreá) e Os Minhotos.
A entrada será libre.

Lugo: presentación de Un feixe de poesía na porta e recital de poesía e música

O sábado 26 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), nun acto coorganizado coa Área de Cultura da Deputación, preséntase o poemario colectivo, Un feixe de poesía na porta, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto participan Verónica Martínez Delgado, María José Fernández, Xosé Iglesias, Alberte Momán, Adela Figueroa, Miguel Ángel Alonso Diz, Toño Núñez, Ramón González, Montse González Álvarez, Mar Romero, Lois Pérez, Ramiro Vidal Alvarinho, Inma Alonso, José Estévez, Antom Laia, Eva Xanin Navia, Natalia Alonso Ramos, Naír García Abelleira, Rochi Nóvoa e outros poetas.

Lugo: recital poético Letras Galegas

O mércores 16 de maio, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, terá lugar un recital poético dedicado ás Letras Galegas de 2012. Interveñen: Xosé Blázquez, Joaquín Carballido Parra, Marina Cillero, Jesús Corredoira López, José Estévez López, Adela Figueroa, Antón Fortes, Ana María Fraga, Juan José Lomarti, Luís L. Alonso, Manuel C. Matalobos, Enrique Mora Morandeira, Manuel Xosé Neira, Isidro Novo, Toño Núñez, Xosé Otero Canto, Pepa Prado, Xerardo Quintiá, Ramón Rodríguez Porto, Iago Rodríguez Yánez, Jacobo Sánchez e Elvira Veloso. Presentan: Toño Núñez e Xosé Otero Canto.

Lugo: presentación de O Rei da Floresta, de Adela Figueroa

O mércores 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo) de Lugo, preséntase o libro O Rei da Floresta, de Adela Figueroa. No acto, presentado por Toño Núñez, haberá cantos e música.
Galería fotográfica posterior disponíbel nesta ligazón.

Vivir un soño repetido. Libro homenaxe da AELG a Lois Pereiro

Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco Castro, Marta Dacosta, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Salvador García-Bodaño, Álvaro Lago, María Xosé Lamas, Rafael Lema, Siro López, Lourdes Maceiras, Tati Mancebo, Verónica Martínez Delgado, Rosa Méndez Fonte, Carlos Negro, Lucía Novas, Toño Núñez, Olga Patiño, Claudio Pato, Ana María Pérez Cerviño, David Pobra, Xavier Queipo, Baldo Ramos, Mario Regueira, Cesáreo Sánchez, Xavier Seoane, Chelo Suárez, Alberte Suras, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, Xosé Vázquez Pintor e Helena Villar.

As colaboracións, inéditas e orixinais, responden a un duplo formato:
* Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (incluíndo versións elaboradas)
* Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.

Da conxunción de todas as achegas nace este libro electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel no apartado de publicacións da web da AELG.

Para visualizar o libro no computador recomendamos o software gratuíto Calibre, que se pode descargar aquí.

Reseñado en Culturagalega.org e Fervenzas Literarias.

Ourense: representación de Mago Goma, por Toño Núñez

O venres 13 de maio, ás 18:00 horas, na Libraría ZampaContos (Rúa Santo Domingo. Galerías Sol, Local 21) de Ourense, Toño Núñez, autor de Mago Goma, publicado en Kalandraka, recitará este conto rimado e compartirá cos rapaces e rapazas a súa experiencia como escritor, lector e mestre. Ao remate do encontro co autor farase a entrega dos premios do IV Concurso A conquista da illa marabillosa de Relatos Ilustrados.

A Coruña: programa do luns 9 de agosto na Feira do Libro

19.00 h. Presentación da editorial Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro de poesía Cos peitos desenchufados, de Elías Portela e do libro de narrativa As Médulas, de Silvia Bardelás.
19.00 h. O escritor Toño Núñez asinará exemplares do seu libro Mago Goma, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. O escritor Manuel Portas presentará o seu libro Denso recendo a salgado, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.

20.00 h. A escritora Eva Moya, firmará exemplares do seu libro El árbol de los sentimientos, publicado pola Editorial Styria. Ás 21.00 terá lugar a presentación do libro, coa participación da autora.