Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Rosalía sempre nos vai esixir unha tensión intuitiva, emocional, intelectual moi forte”. Xavier Seoane novela a vida de Rosalía de Castro na obra A dama da noite, que publica edicións Laiovento. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Xavier Seoane
A Coruña: mesa debate con Antón Cortizas e Ledicia Costas, con Xavier Seoane
O
xoves 10 de decembro, ás 18:30 horas, no Salón de actos da UNED de Coruña (Rúa Pepín Rivero, 3) terá lugar a seguinte sesión da actividade A creación literaria e os seus autores. Encontros con escritores. Ese día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores Antón Cortizas e Ledicia Costas. Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña, baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane.
Galería de fotos do obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar
Deixamos aquí parte das fotos do Obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, que tivo lugar o pasado mes de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí. As fotos que se reproducen neste artigo son de Norberto Varela Calvo.
A Coruña: Obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, acto da Escola de Escritoraes da AELG
A Escola de Escritoræs da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza o obradoiro, a cargo de Xurxo Souto, do Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, do 19 de outubro ao 29 de outubro de 2015. A actividade conta coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o patrocinio da Consellaría de Cultura e a Deputación Provincial da Coruña.
Inscrición: até o día 18 de outubro a través dos seguintes medios:
– Teléfono: 981 133 233 (agás festivos, de luns a venres, de 9:00 a 14:30).
– Correo electrónico: oficina@aelg.org
– Whatsapp: 696 581 971
20 prazas, gratuítas e para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude. Sigue lendo
A Coruña: recital poético e sinatura de libros polo Día das Letras Galegas
Compostela: presentación de Cartografía do exilio, de Baldo Ramos
A Coruña: inauguración da mostra Experimentos e matrices, de Ánxeles Penas
A Coruña: recital poético-musical no 25 cabodano de Miguel González Garcés
O
venres 12 de decembro, ás 19:45 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar un recital poético-musical en lembranza do escritor Miguel González Garcés, o mesmo día no que se conmemora o vintecinco cabodano.
O acto, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Biblioteca, contará coa intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, e estará coordinado e presentado por Francisco X. Fernández Naval. Participan:
– Luz Pozo Garza.
– Xulio López Valcárcel.
– Lino Braxe.
– Olga Patiño.
– Miguel Mato Fondo.
– Estíbaliz Espinosa.
– Manuel Rivas.
– Miguel Anxo Fernán-Vello.
– Ánxeles Penas.
– Xavier Seoane.
– Manuel Álvarez Torneiro.
Coa música de César Morán e Xosé Taboada.
MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (A Coruña, 1916-1989), é unha das voces poéticas máis singulares e senlleiras que deu a cidade da Coruña. Poeta, articulista, dinamizador cultural, a súa figura está vinculada ás de Urbano Lugrís, Antón Avilés de Taramancos ou Manuel Álvarez Torneiro, pero tamén a autores das xeracións posteriores, escritores máis novos cos que sempre mantivo unha relación de interese e de amizade.
Foi director da Biblioteca Pública do Estado na Coruña -hoxe de xestión compartida coa Xunta de Galicia- que leva seu nome, como o leva a rúa na que está situada. Historiador e cronista da Coruña, foi o presidente da Asociación Cultural Iberoamericana.
Autor dunha ampla obra, escrita en castelán primeiro e en galego a partir da década dos sesenta, a súa é unha literatura dos sentidos, da alegría de vivir, do cotián, na que a cidade está sempre presente.
A Coruña: Xabier P. DoCampo e Marcos Calveiro intervirán no ciclo A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores
Desde
Xerais:
“Os escritores Xabier P. DoCampo e Marcos Calveiro intervirán o vindeiro xoves 11 de decembro ás 18:30 horas no Salón de actos da Uned de Coruña, dentro da actividade A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores. Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña, baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a presenza dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo. A intervención será retransmitida en directo a través desta ligazón.”
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 15 de novembro, con Xavier Seoane
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria da man de Xavier Seoane, que tivo lugar o pasado 8 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.












