Crónica fotográfica do Roteiro (íntimo) poético pola Coruña, con Xoán Abeleira

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro (íntimo) poético con Xoán Abeleira, celebrado o pasado 21 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

A Coruña: Roteiro (íntimo) poético, con Xoán Abeleira, o 21 de outubro

O Roteiro (íntimo), guiado na Coruña por Xoán Abeleira, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Terá lugar o sábado 21 de outubro, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de saída a Escola Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). Neste roteiro o autor fará un percurso persoal por varios espazos vinculados á súa extensa traxectoria de vinculación á poesía como forma primordial de coñecemento e indagación na Realidade.

Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Actos expansivos 25 anos con Lois Pereiro