O
sábado 13 de xuño, ás 19:00 horas, en Ubuntu Refugallos (Rúa Uxío Novoneyra, 16, baixo) de Chantada, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.
Arquivos da etiqueta: Xurxo Souto
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 16 de maio, con Xurxo Souto
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Xurxo Souto, que tivo lugar o pasado 16 de maio. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Granxa do Xesto (Monte Pedroso, Compostela): Obradoiro de creación literaria con Xurxo Souto
Burela: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Taboleiro do libro galego XXXIV (maio 2015), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nova entrega do “Taboleiro do libro galego”, correspondente ao mes de maio de 2015, e que contou coa colaboración de nove librarías galegas: Trama de Lugo, Libros para Soñar de Vigo, O Pontillón de Moaña (que comeza unha nova andaina con este Taboleiro), Andel de Vigo, Miranda de Bueu, Casa do Libro de Vigo, Aira das Letras de Allariz, Lila de Lilith de Compostela e Cartabón de Vigo. Grazas a todas elas.
NARRATIVA
1º-. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Xerais.
2º-. Son noxento, de María Xosé Queizán, Xerais.
3º-. Amor en alpargatas, de Manuel Portas, Xerais.
4º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
5º-. Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, Xerais.
6º-. Quintana viva, de Xosé Filgueira Valverde, Galaxia.
7º-. O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González, Barbantesa.
8º-. Entrada ao xardín do saber, de Henrique Dacosta, Redelibros.
9º-. A República das Palavras, de Séchu Sende, Através.
POESÍA
1º-. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
2º-. O voar da bolboreta azul, de Richard Berengarten, Espiral Maior.
3º-. Ruído de trens, de Eduard Velasco, Espiral Maior.
4º-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
5º-. O caderno amarelo, de Lara Rozados, Instituto de Estudos Miñoranos.
6º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
7º-. Palavras a Espártaco, de Vítor Vaqueiro, Através.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Historia de Galicia, de David Pérez, Edicións do Cumio.
2º-. O Piloto. O último guerrilleiro, de Afonso Eiré, Hércules de Ediciones.
3º-. Galicia encantada, de Antonio Reigosa, Xerais.
4º-. O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, Xerais.
5º-. Medo político e control social na retaguarda franquista, de Lucio Martínez, Xerais.
XUVENIL
1º-. Dragal IV, de Elena Gallego, Xerais.
2º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais.
3º-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
4º-. O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila, Urco.
5º-. A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
INFANTIL
1º-. O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
2º-. Os libros da merenda, VV. AA., Urco Editora.
3º-. Os ratos da casa, de Oli – Natalia Colombo, Kalandraka.
4º-. Miau, de Antonio Rubio-Óscar Villán, Kalandraka.
5º-. Violín, de Antonio Rubio-Óscar Villán, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
2º-. Pan de millo, Migallas – Dani Padrón, Kalandraka.
3º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras e David Pintor, Kalandraka.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.
5º-. A gramola gominola, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero V, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
3º-. Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo (Xavier Senín Fernández, M ª Isabel Soto López e Valentín Arias, tradutores), Xerais.
Bruxelas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, en La Tentation: Centro Galego de Bruxelas, Lakensestraat 28, 1000, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto tamén terá lugar a performance Océano para terrícolas, onde o propio autor, con alegría e humor, interpretará as súas propias composicións co seu acordeón diatónico. O acto está coorganizado pola Asociación Couto Mixto de Bruxelas.
Xurxo Souto descóbrelles aos “terrícolas” a historia dos gaiteros do mar
Reportaxe
de Alberto Ramos en Praza:
“Xurxo Souto codirixe xunto a Martín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música. Presentan o documental este sábado 23 no Festival de Cans.
“Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita mesmo antes de que existisen esas palabras”. (…) Nesta fita recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis alá da terra firme , alén do noso horizonte. Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar a “descuberta dun mundo” que descoñecemos na Galicia. “Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis”, sinala Xurxo Souto.
“Pouco se ten falado dos gaiteiros do mar”. Talvez, esa frase pronunciada polo Peix de Aldán, foi a mecha. Acabou por prendela a aparición dunha cinta histórica, un vello casete que resumía co play o son das gaitas sobre o mar. “Rubén Bastón trouxo ao programa Mil Ribeiras da Radio Galega un casete gravado no Gran Sol, no que se escoitaba o son da gaita mesturado cos motores do barco e con toda as armonías do mar; unha marabilla”, lembra Souto. Esa gravación, titulada Nos mares do Gran Sol, resulta ser unha sorte de long-play na que se escoita a gaita de Manoliño de Donón, o tamboril de Feliciano de Donón e o bombo de Manuel Martínez Santomé. Os tres marcharan ao Gran Sol, embarcados no Ría de Aldán e unha noite, Santomé, xefe de máquinas do barco, afanouse por gravar a repichoca. Era 1974. (…)”
Xurxo Souto: “O Atlántico é un círculo”
Paseos pola Coruña Literaria, con Xurxo Souto, o 16 de maio (prazas cubertas)
As pedras percebeiras da Torre de Hércules (Ruta de Ulyses Fingal), Xurxo Souto.
Sábado, 16 de maio, de 12:00 a 13:30 h.
Saída: Praia de santo Amaro.
Tanto para a tradición greco-latina como para as vellas lendas atlánticas , A Coruña é unha fin do mundo –Torre de Hércules, Torre de Breogán–, porta do Mar Maior ou, o que é o mesmo, porta de todos os misterios.
O pintor Urbano Lugrís condensou estas dúas tradicións no seu alcume literario: Ulyses Fingal (Ulises de Ítaca, e mais Fingal, o heroe dos versos escoceses do bardo Ossián).
O Grelle, Macallás, Area de Concha, o Cabalo, as Longuiñas, a Rabaleira, Sogadoiro, Gueivouteiro… Velaí as pedras que rodean a Torre, conforme nos ensinou Emilio Mariñas, o sabio percebeiro.
Nesta ruta –dende a praia de Santo Amaro até o vello faro- queremos coñecer cada unha destas rochas, e que a eufonía dos seus nomes sexa impulso evocador para nos reencontrar coas máis grandes lendas do mar.
NOTA: agradecemos ao público o seu interese nesta actividade, que levou a que xa se cubrisen todas as prazas.








