Arquivos da etiqueta: Yolanda Castaño
Yolanda Castaño na Sargadelos da Coruña
O martes 22 de abril, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Yolanda Castaño nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
Entrega do VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
«A entrega da 8ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que nesta edición gañou a poeta Olalla Cociña, terá lugar ás 20:00 horas o venres 18 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sarria.
Na entrega do premio intervirán, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño e Martín Veiga (xurados desta edición), Eduardo Valiña (artista plástico que cede a obra desta edición), o concelleiro de Cultura do Concello de Sarria, Xermán Arias, e María Casar (presidenta da A.C. Ergueitos). O mantedor do acto será X. A. Neira Cruz.
Ao rematar o acto haberá unha cea no mesmo hotel (o prezo das tarxetas é 25€ – 667429225). Nesta ocasión tamén nos sería moi grato poder terte neste acto que anova en cada edición o noso labor de manter viva a memoria do Fiz e de facer medrar a árbore da poesía cun novo poemario anainado na casa da Espiral Maior.» (A. C. ERGUEITOS)
Presentación en Compostela de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño
O próximo mércores día 2 de abril terá lugar a presentación en Compostela do último Premio Espiral Maior de Poesía. O Centro Galego de Arte Contemporánea albergará, a partir das 20h, unha velada multimedia arredor de Profundidade de campo, quinto poemario individual da compostelana Yolanda Castaño.
Presentación en Vigo de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño
A presentación de Profundidade de campo (XV Premio de poesía Espiral Maior) , de Yolanda Castaño Xoves, terá lugar o día 13 de decembro ás 20:00 horas en El Corte Inglés de Vigo – Sala “Ámbito Cultural” (Gran Vía, 25, 7º andar).
Contará coa presenza do escritor e membro do xurado Xosé Mª Álvarez Cáccamo, o
director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e a propia autora, que asinará exemplares da súa obra desde as 19:00 horas na sección de libraría.
Yolanda Castaño asinará n’ A Coruña exemplares de Punver
A edición galega do xornal EL PAÍS, xunto á editorial Galaxia, iniciou no pasado mes a iniciativa “No país dos contos”, consistente na reedición de obras infantís representativas dos títulos da editorial galega.
No cadro desta divulgación da nosa literatura Yolanda Castaño asinará exemplares do seu libro Punver o día 3 de decembro na libraría Azeta d’ A Coruña (Praza González Dopeso). Será ás 19:00 horas.
Presentación de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño
O libro Profundidade de campo, XV Premio de poesía Espiral Maior, será presentado en El Corte Inglés – Salón de Actos “Ámbito Cultural” (2º andar), n’ A Coruña. O acto contará coa presenza do director do Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Ramón Pernas, o escritor e membro do xurado, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, o director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello e a propia autora, que asinará exemplares da súa obra desde as 19:00 horas na Libraría.
Yolanda Castaño na Universidade de Vigo
No marco do Escritores-as na Universidade: II Ciclo de Conferencias, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar unha extraordinaria pléiade de escritores e escritoras das nosas letras.
Na Universidade de Vigo (Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón A, Aula 4), no Campus Universitario Lagoas-Marcosende, contarase coa presenza de Yolanda Castaño o 8 novembro (11:00 horas).
Yolanda Castaño acudirá ao XIIIº Festival Internacional de Poesía de Xénova
Yolanda Castaño acudirá ao XIIIº Festival Internacional de Poesía de Xénova como única representante do estado español, despois de ser convidada a través do Ministerio de Cultura. “Novos formatos para a difusión da poesía, proxectos interdisciplinares e xéneros híbridos. Dende o hip-hop ás homenaxes poéticas a Rumi, a Rimbaud, a Ginsberg, a Bukowski ou a Jim Morrison, roteiros poéticos e concertos. En consonancia con todo isto, Yolanda Castaño ofrecerá, o martes 19, un pequeno espectáculo poético, recitando textos sobre bases musicais pregravadas e proxectando varias pezas de videopoesía das que é autora. Ademáis, sen abandonar o norte de Italia, o xoves 23 a santiaguesa-coruñesa ofrecerá outra actuación no Instituto Cervantes de Milán.”
Presentación n’ A Coruña de “Punver”, de Yolanda Castaño
Mañá sábado día 16, ás 12:30, preséntase Punver, o último libro da escritora Yolanda Castaño. Será na Biblioteca Municipal Infantil Xuvenil (r/ Durán Loriga, 10 – baixo), “nun acto aberto a todo o público interesado, en especial aos máis pequenos, a partir de 3 anos. A actividade está pensada coma un contacontos moi participativo a cargo de Yolanda Castaño, seguido dun obradoiro de pintura no que os nenos e nenas poderán gozar con Punver da man do ilustrador Eduardo Hermida.”
