O 1 de xullo, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o libro Cantos de dor e liberdade, voces galegas por Palestina, publicado por Tempo Galiza Editora. Participan nesta presentación o profesor Carlos Aymerich Cano, autor do prólogo; Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía; Marga do Val, Igor Lugrís, Xulio López Valcárcel, Celso Álvarez Cáccamo, Julia Aguiar, Mensi Cortizas, Sabela Losada e Estíbaliz Espinosa. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.
Arquivos mensuais: Xuño 2024
Marilar Aleixandre, Premio Luís Porteiro Garea polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias
Desde Nós Diario:
“Marilar Jiménez-Aleixandre, catedrática da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais e desde 2017 profesora ad Honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC, vén de gañar o Premio Luís Porteiro Garea na súa sétima edición. Este galardón busca recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade.
O xurado decidiu por unanimidade recoñecer a profesora Jiménez-Aleixandre polo seu compromiso e a súa defensa da lingua galega no ensino das disciplinas científicas, “do que ela se erixe como símbolo na nosa universidade xa que foi pioneira no ensino das ciencias en galego na Educación Secundaria e na elaboración de materias didácticos dende o ano 1976”.
Destaca ademais o xurado o seu exercicio como docente na área de Didáctica das Ciencias Experimentais durante máis de vinte anos “nos que conxugou dun xeito inusual a forte dimensión humanística coa científica”. “Recoñecida e premiada en todas as súas facetas, o seu compromiso co galego cohesiona transversalmente a súa dedicación”, reza o ditame.
A catedrática ad Honorem recibiu o premio “cunha enorme alegría” porque recoñece o seu “compromiso co galego na Universidade”, pero tamén a súa etapa na Educación Secundaria, “e sobre todo no campo das ciencias”. “O galego -advirte- é unha lingua que pode e debe ser utilizada no ensino das ciencias, e empregala supón estabelecer un modelo para o alumnado que conformará as vindeiras xeracións de docentes”, dixo.
Manifesta ademais a súa ledicia por compartir este premio con “persoas moi prezadas para min”, como o profesor Manuel Bermejo, gañador da primeira edición e xustamente a persoa con quen ela comezou a traballar na USC, ou Margarita Ledo, gañadora do Porteiro Garea na pasada edición, “amiga e compañeira”. (…)
O xurado desta sétima edición estivo composto polo reitor Antonio López, quen delegou no vicerreitor Gumersindo Feijoo Costa, e por Rita Gradaílle Pernas, Manuel Núñez Singala, Patricia Regal López e Óscar Rodríguez Figueiras. O premio entregarase nunha cerimonia pública a desenvolver no mes de setembro, coincidindo co aniversario da lección pronunciada polo profesor Porteiro Garea. (…)”
Ferrol: presentación de Ferrol. Unha viaxe pola alma da cidade, de Ramón Loureiro
Mondariz: performance na inauguración da exposición de carteis do 25 de Abril, con Silvia Penas
Vídeo da presentación en Vigo de O legado da nena do sal, de Elena Gallego Abad
Rexina Vega: “É curioso que un tema tan fundamental non sexa un dos grandes temas da literatura”
Entrevista a Rexina Vega na Radio Galega:
“Con forma de diario, é unha posta en cuestión dos modelos sociais e a construción da maternidade, unha reflexión sobre os arquetipos, a relación nai-filla, os coidados, e tamén unha interpelación sobre o tema no marco teórico dos feminismos “Hai moi pouca reflexión aínda no seo do feminismo sobre a implicación da maternidade”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
“Recoñecerse como mamífera”
Desde a Radio Galega:
“Rosa Aneiros esculca na memoria e as súas capas en A noite das cebolas. A historia de reconciliación coa vida e coa morte de Abril Andrade centra a conversa coa escritora: “Esquecemos que formamos parte do planeta”. A entrevista pode escoitarse aquí.”