Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de Runrún, de Ana Varela
Moaña: presentación de Tina e Xeró, de Pedro P. Riobó
O Carballiño: presentación de Pero… como morren as pegas?, de Óscar M. Guzmán
Roteiro Horizontes de Liberdade. Viaxe ao teatro de Luísa Villalta, con Henrique Rabuñal, na Coruña
O roteiro literario Horizontes de Liberdade. Viaxe ao teatro de Luísa Villalta será guiado por Henrique Rabuñal, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Terá lugar o sábado 9 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será o monumento a Manuel Curros Enríquez, nos Xardíns de Méndez Núñez.
Neste roteiro repasaremos a literatura dramática de Luísa e escoitaremos as voces dos seus personaxes. Farémolo desde o corazón da cidade que Luísa amou e cantou.
As persoas interesadas poden inscribirse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome e apelidos, así como o nome do roteiro.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
A Coruña: presentación de A cohesión da auga, de Ramona Giráldez
Vigo: I edición do Hematofesti. Festival de Humor e Literatura Infantil, do 6 ao 10 de novembro
Vídeo da presentación en Vigo de Contos Gringos, de Lara Dopazo Ruibal
Manuel Rivas: “Vivimos a guerra como un espectáculo televisivo”
Desde Faro de Vigo (por Mar Mato):
“A violencia contra a natureza e a muller nutren a estrutura base do último libro de Manuel Rivas, Tras do ceo, que presentou o autor no Club Faro. Ante un atento auditorio, reflexionou sobre como «corremos o perigo de ser banais» á hora de tratar a violencia. Como exemplo, sinalou que «vivimos a guerra como un espectáculo de televisión. Rompeuse o corazón da humanidade».
Presentado por Fran Alonso, director xeral de Xerais; e entrevistado polo xornalista Xan Carballa, recoñeceu que «non son pesimista pero ao escribir esta novela vin como o tánatos ía gañando; o pesimismo fíxome abanear varias veces».
Tras do ceo –explicou Fran Alonso no arranque– «é unha novela arrebatadora, inquietante e emotiva que nos fai pensar (…) Diante nosa temos nela unha das mellores novelas da literatura galega da última década».
Coa máxima de Thomas Hobbes de que o home é un lobo para o home, derivada da locución latina homo homini lupus, describiu que a narración de Rivas nos presenta un grupo de cazadores que vai na procura dun xabarín albino ao que acusan de ser maligno.
Nesa xornada na súa busca e ameazada a súa misión a causa da néboa, dan con dúas mulleres que tiveron un accidente. Nun primeiro momento, deciden axudalas.
A conversa entre os dous grupos acaba derivando nun enfrontamento dialéctico ao redor do ecoloxismo e o machismo para, a partir de aí, virar no cambio de rumbo da caza.
A este respecto, no acto, Rivas fixo fincapé na importancia do poder no seu último traballo literario pero non co foco na modalidade política ou económica senón nos micropoderes que ostentan determinados grupos sociais.
«O tema do xénero no libro atravesa a historia e ubícanos nunha situación de anomalía, nunha especie de guerra non declarada pero real sobre a muller e outros sectores máis vulnerables así como sobre a natureza», indicou o intelectual galeguista. (…)”
Marta Villar: “O humor, a ironía e a retranca atravesan toda esta novela”
Entrevista a Marta Villar en Xerais:
“(…) – Xerais (X): Cal é a orixe desta novela?
– Marta Villar (MV): Despois de publicar o ano pasado a miña primeira novela, Non temerás os coches amarelos, quedei con gana de escribir outra historia de crime e investigación. Gustábame a idea de que as pescudas as fixese alguén alleo aos corpos e forzas de seguridade. Fun moi fan da serie Escribiuse un crime, innovadora no seu tempo porque a protagonista era unha muller, e ademais maior, que escribía e investigaba pola súa conta. Xuntei esta idea con outra: a das mulleres que traballaron nas cooperativas téxtiles de Inditex. De aí xurdiu Detective Ferruchi, que é tamén unha homenaxe a unha comunidade, un pobo, que aínda hoxe sofre o racismo.
– X: Influíu a túa profesión de xornalista á hora de escribir esta historia?
– MV: Os xornalistas por definición son, ou teñen que ser, persoas con curiosidade por todo, que se senten apaixonadas polas historias. Tanto, que ás veces no día a día dun xornal non hai tempo ou espazo para determinados temas. E aí aparece a literatura. Envorco nela os temas que ás veces no xornal resultan desprazados por outros.
– X: O xurado destacou o ton cómico e o humor. Como o conseguiches?
– MV: Despois do meu primeiro libro quedei liberada de certos temas, había unha carga de dor que deixei atrás. Ademais, escribín Detective Ferruchi nunha licenza de traballo de tres meses. E saíu ese ton que atravesa toda a novela, o humor, a ironía e a retranca. É un humor que comparto, e supoño que tamén foi fomentado polo ánimo que tiña nese momento, froito de saber que me quedaban tres meses por diante nos que podía facer o que quixese. Unha sensación que libera á hora de escribir. Ter moitos días seguidos libres é básico para escribir. Como xornalista de prensa traballas pola mañá e pola tarde, os festivos e as fins de semana. Non é posible escribir unha novela por esa falta de continuidade, agás se o fas sacrificando as vacacións. E aínda así non chega. (…)”