Narla, Friol, Lugo: nº 3 da revista oral Castronela, arredor da figura de Celestino Fernández de la Vega

O sábado 27 de setembro, ás 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), pertencente á Rede Museística da Deputación de Lugo, terá lugar a terceira edición da Revista oral de periodicidade anual Castronela, coordinada por Antonio Reigosa, con entrada libre e gratuíta. Estará dedicada á figura de Celestino Fernández de la Vega. O sumario é o seguinte:

Portada musical. Preludio da Primeira suite (J. S. Bach), por Paula Rancaño (3’).
Vida. Lugo, cidade feita á medida do meu corazón, por Ramón López Vázquez (10’).
Música. Primeiro movemento Suite para cello só (G. Cassadó), por Paula Rancaño (3’).
Celestino en Friol. Os anos mozos na terra natal, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
Música. Elexía (Andrés Gaos), por Paula Rancaño (3’).
Celestino e Guitiriz. As viaxes a Guitiriz, por Alfonso Blanco Torrado (10’).
Narración 1. Mortes de trasmundo, por Lois Pérez (5’).
Música. Estrada de Madrid (Luigi Bocherinni), por Paula Rancaño (3’).
Narración 2. O novenario do Totó, por Lois Pérez (5’).
Obra. Unha obra tan importante coma breve, por Ramón López Vázquez (10’).
Música. Lela, por Paula Rancaño (3’).
Epílogo. Lembranzas, por María Luísa Maceda Méndez (viúva de Celestino F. de la Vega) (5’).
Colofón. Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (5’).
Contracuberta musical. Negra sombra, por Paula Rancaño (3’).

Só a pluma duma mulher podia celebrar a sua fama?, artigo de Susana Sánchez Arins

ArtigoSusana Sánchez Arins de Susana Sánchez Arins na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“Abro as lapelas de Oroonoko e leio os biodados de Aphra Behn. Uma vida muito chamativa, lá no século XVII. Leio a contracapa e merco imediatamente o livro, já que no ressumo aparece-se como uma mui interessante denúncia do sistema escravagista.
Leio. E não gosto. Leio. E reflexiono. Muito.
Oroonoko narra a história de um príncipe de Coramantien, na costa da atual Ghana, que partilha apaixonamento com o rei do lugar. Este, para ficar com a mulher, atraiçoa ao moço e vende-o como escravo. A ela também. Oroonoko é trasladado ao Surinam, onde o conhece a narradora, inglesa que viajou com o pãe, representante do governo británico. Ela é que conta os factos. No início da estadia na fazenda, Oroonoko reconhece a sua amada numa escrava admirada pola sua beleza e recatamento. Casam e aguardam ser libertados dada a sua origem nobre, como muitas pessoas, entre elas a narradora, lhe prometem. Vendo que a libertação tarda e Imoinda está prenhe, Oronooko argalha uma fuga, que fracassa, é salvagem e exemplarmente torturado polo capataz do seu amo; desiludido, sem esperança de futuro, decide fugir novamente para suicidar-se após assassinar a sua parelha.
Recomendaria este romance? A autora é mulher, a primeira escritora inglesa profissional, uma precursora. Fez teatro, poesia, novelas e traduções. Foi uma grande defensora da igualdade de direitos das mulheres.
Porém avanço na leitura e não consigo aderir. (…)”

Compostela: Ana Salgado e Iria Sobrino no ciclo Escrita(s) 2014

O ESCRITAS14-2sábado 27 de setembro, entre as 19:00 e as 22:00 horas, en Almáci(gas) (Travesa de Basquiños, 14) de Santiago de Compostela, terán lugar dúas conferencias no ciclo Escrita(s) 2014, baixo o título Pode falar o subalterno ou certo grao de cólera contra a narrativización imperialista da historia, dirixido por Claudio Pato.
Nesta ocasión, Ana Salgado falará sobre Mover o sangue. Algúns corpos, algunhas poéticas de mirar a tensión, e Iria Sobrino sobre Palabras non autorizadas. O manifesto.

Vilar de Santos: Unha faba, unha vida, espectáculo de Ugia Pedreira e Marina Oural

OUgia Pedreira e Marina Oural domingo 28 de setembro, ás 18:00 horas, na Arca de Noe (Rúa do Forno, 13), Vilar de Santos, Ugia Pedreira e Marina Oural actuarán coa súa performance poético-musical Unha faba, unha vida, espectáculo de poesía, música e danza.

Cork, Irlanda: actividades do día dedicado a Xavier Queipo

OXavier Queipo Irish Centre for Galician Studies (UCC) da Universidade de Cork organiza unha serie de actividades este venres 26 de setembro arredor da figura de Xavier Queipo, quen protagonizará o programa de actividades:

De 11:00 a 13:00 h. no ORB. G38. Obradoiro A esencia en frascos pequenos / Eye Drops.
De 14:00 a 15:00 h. no ORB. 132. Conferencia Sobre o contacto entre linguas: o vigor do híbrido.
16:15 h. no TBC. Seminario Arquitectura dun mito: a tradución galega de Ulysses de James Joyce.